Skip to main content

Formación para a inclusión desde as aulas de Profesorado

Represenantes da USC e da ONCE no acto de exposición e entrega do material educativo elaborado por alumnado de Formación de Profesorado
Represenantes da USC e da ONCE no acto de exposición e entrega do material educativo elaborado por alumnado de Formación de Profesorado
Estudantes do grao de Mestre de Educación Primaria doan á ONCE material educativo acaído para favorecer a aprendizaxe de persoas cegas ou con deficiencias visuais

Estudantes do grao en Mestre de Educación Primaria que están a cursar na Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC a materia ‘Dificultades de aprendizaxe e trastornos de desenvolvemento’, impartida pola profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC María Fiuza, formalizaron este xoves a entrega á Organización Nacional de Cegos de España (Once) de diversas maquetas bi e tridimensionais, así como contos táctiles, elaborados por eles mesmos ao abeiro desta materia e a través do que pretenden a favorecer e potencial os procesos de aprendizaxe de persoas cegas ou con severas deficiencias visuais.

O decano da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC, Francisco Rodríguez Lestegás, foi o encargado de guiar esta sesión de exposición pública do material educativo e de lecer elaborado polo alumnado do centro, no marco dun acto no que tamén participou o director da axencia administrativa da Organización Nacional de Cegos de España (ONCE) en Lugo, Roberto Doval Sánchez, así como a profesora María Fiuza, diverso persoal da ONCE que asesorou e colaborou co estudantado no proceso de elaboración dos materiais educativos e os universitarios/as implicados nestas tarefas. A continuidade no tempo desta iniciativa de colaboración entre a Facultade de Formación de Profesorado e a Organización Nacional de Cegos de España, un proxecto que xa vai polo terceiro ano e que continuará no futuro, segundo puxeron de manifesto Fiuza e Doval, e a ilusión coa que os futuros mestres e mestras desenvolven e dan forma a maquetas bi e tridimensionais e contos elaborados con materiais específicos nos que se mestura a escritura tradicional co código braille, foron dúas das ideas máis destacadas por todos os relatores que interviñeron na sesión. Todas as maquetas e contos táctiles elaborados durante o curso actual polos estudantes de Formación de Profesorado emprenderon xa a súa viaxe cara aos centros educativos dependentes da Once, onde serán empregados por nenos e nenas cegas ou con deficiencias visuais, que poderán así acadar un maior coñecemento de espazos da súa contorna ou tamén achegarse a narracións e historias ben coñecidas como ‘Bob Esponja’ ou, entre outras, ‘Pocoyó’... Estudantes amosan unha das maquetas tridimensinais

The contents of this page were updated on 05.07.2015.