Fondo pesar polo falecemento do profesor Manuel Bao Iglesias
A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu profundo pesar e súmase á dor de familia e amizades polo falecemento do que foi catedrático do Departamento de Enxeñaría Química. O funeral público terá lugar o xoves 19 de novembro ás 20:00 horas na Igrexa de Sar.
O profesor Bao contaba cunha extraordinaria traxectoria académica e docente, avalada polas súas numerosas achegas científicas ao ámbito da depuración de augas residuais industriais e aproveitamento de refugallos urbanos.