Skip to main content

O profesor Gumersindo Guinarte, novo decano da Facultade de Dereito

Gumersindo Guinarte é profesor de Dereito Penal (Foto: SERVIMAV-USC)
Gumersindo Guinarte é profesor de Dereito Penal (Foto: SERVIMAV-USC)

O profesor de Dereito Penal Gumersindo Guinarte Cabada foi elixido este mércores decano da Facultade de Dereito logo dunha votación co resultado de 83 votos a favor e 6 brancos. Acompañaranlle no equipo de goberno do centro as profesoras Ana Gude Fernández, Marta Otero Crespo e Sonia Esperanza Rodríguez Boente. Guinarte substitúe no cargo ao profesor Luis Míguez Macho.

Licenciado e doutor en Dereito pola USC con premio extraordinario de doutoramento, Gumersindo Guinarte é ademais director do Instituto de Criminoloxía e foi secretario xeral da Universidade de Santiago durante oito anos. Ostentou tamén os cargos de vicevaledor do Pobo de Galicia (2002-2005) e secretario xeneral da Presidencia da Xunta de Galicia (2005-2009).

Autor de libros e artigos en revistas científicas sobre cuestións diversas de dereito penal (propiedade industrial, concurso de delitos, menores, terrorismo, violencia de xénero, tráfico de drogas, branqueo…) é coautor de varios comentarios ao Código penal de 1995.

The contents of this page were updated on 11.11.2015.