Skip to main content

Abriu o prazo dos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación

Celébranse en Lugo e Santiago entre novembro e decembro

O prazo de matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación estenderase dende este este martes 3 ata o próximo día 12 de novembro. Diríxense ao estudantado da USC que desexe mellorar os seus coñecementos para elaboraren traballos académicos e de investigación con calidade formal.

Os cursos teñen recoñecido un crédito de libre configuración para o estudantado de todas as titulacións. A carga lectiva é de 30 horas, das que 22 serán presenciais e as outras 8 de traballo individual. Cun custe de matrícula de 30 euros, en Lugo celebrarase do 16 ao 30 de novembro na Aula 3 de Informática da Facultade de Administración e Dirección de Empresas. No Campus compostelán, na Aula 5 de Informática da Facultade de Dereito, as sesións presenciais deste curso celebraranse do 1 ao 17 de decembro. En ambos os dous casos, as clases impartiranse de luns a venres de 18.00 a 20.00 horas.

Con posterioridade ás presenciais, están programadas tres sesións de avaliación que en Lugo están programadas para os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 2016 e en Santiago os días 11, 12 e 13 de xaneiro. A matrícula formalizarase a través de Internet.

The contents of this page were updated on 11.03.2015.