Skip to main content

O seminario ‘Integración e radicalización’ aborda o fenómeno do yihadismo

O seminario sobre ‘Integración e radicalización’ propón unha reflexión de carácter multidisciplinar arredor de diversos fenómenos como o yihadismo, a radicalización ou o salvaxismo. Na Sala de Xuntas do decanato da Facultade de Dereito baixo a dirección de José Julio Fernández Rodríguez, o seminario celebrarase o xoves 12. O inscrición é gratuíta ata completar prazas. As persoas interesadas poden formalizala nos correos electrónicos ceseg [at] usc.es (ceseg[at]usc[dot]es) ou josejul.fernandez [at] usc.es (josejul[dot]fernandez[at]usc[dot]es).

O programa deste encontro comezará ás 16.20 horas coa intervención de Federico Aznar Fernández-Montesinos, do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, co relatorio ‘A xestión do salvaxismo’ na que realizará un achegamento ao sentido política da estratexia do grupo Estado Islámico ou DAESH. Seguiranlle Joan Antón Mellón, da Universidade de Barcelona, falando sobre ‘ Islamismo yihadista: radicalización e contrarradicalización’ e Luis de la Corte, da Universidade Autónoma de Madrid, que formulará a pregunta ‘Por que se radicalizan?’.

Para completar a quenda de intervencións, está prevista unha mesa redonda que co lema ‘ Radicalización fronte a Estado Democrático’ reunirá as achegas de Julia Pulido Gragera, da Universidade Europea de Madrid; Fredy Rivera Vélez, de FLACSO Ecuador; e de Daniel Sansó-Rubert Pascual, do Centro de Estudos de Seguridade da USC.

The contents of this page were updated on 11.09.2015.