Skip to main content

Presentación do estudo ‘A xestión do risco e o seguro na empresa galega’ realizado pola USC

Un encargo da Fundación Inade que analiza o risco nas súas múltiples variantes e perspectivas

O grupo de investigación VALFINAP-Valoración Financeira Aplicada adscrito ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC presentará este venres 6 na Cidade da Cultura o estudo ‘ A xestión do risco e o seguro na empresa galega’. Enmarcado na tribuna Foro Inade, o acto inaugurarase ás 9.30 horas no Edificio Cinc coas intervencións do reitor Juan Viaño; do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López; e do Presidente del Padroado de Fundación Inade, Antón Cobián Varela.

A continuación, o director do grupo de investigación autor do informe, o profesor da USC Luis Otero González, presentará as claves dun traballo que disecciona tanto os pormenores da xestión como da xerencia de riscos, conceptos complementarios que abordan tanto o deseñar, organizar e coordinar o risco como a propia execución da estratexia da empresa.

O equipo que realizou o informe e que dirixe Luis Otero está formado ademais polos profesores Pablo Durán Santomil, Rubén Lado Sestayo, Luis Ignacio Rodríguez Gil e Milagros Vivel Búa, a quen despois se sumaron os consorcios da Zona Franca de Vigo a través do servizo de información empresarial ARDAN e o de Compensación de Seguros.

The contents of this page were updated on 11.05.2015.