Skip to main content

Cinco facultades da USC celebran este venres a festividade do seu patrón

As facultades de Física, Química, Matemáticas, Ciencias e Bioloxía celebran este venres 13 neste último centro a festividade de San Alberte Magno. O acto presidirao o reitor a partir das 12.00 horas na Aula Magna.

O eixo central da celebración é a conferencia que pronunciará o profesor Carlos Rodríguez Osorio, do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, titulada ‘Contos de Bioloxía para un día de outuno: simbioses entre plantas, insectos e microorganismos’. Rematará o acto coa entrega de premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe’.

The contents of this page were updated on 11.12.2015.