Skip to main content

Homenaxe en Física ao catedrático Carlos Pajares

Homenaxe en Física ao catedrático Carlos Pajares
Homenaxe en Física ao catedrático Carlos Pajares

O catedrático de Física de Partículas da USC Carlos Pajares Vales recibirá este mércores 14 na Facultade de Física unha homenaxe por parte dos seus colegas e compañeiros co gallo da súa xubilación.

O acto central desenvolverase a partir das 16.30 horas na aula magna do centro presidido polo Reitor Juan Viaño. Intervirán nel, ademais do propio profesor Pajares, o decano da Facultade de Física, Luis Miguel Varela Cabo, e os catedráticos Alfonso Vázquez Ramallo, Joaquín Sánchez Guillén e Luis Iglesias Feijoo.

Na sesión matinal terá lugar unha reunión científica á que asistirán, entre outros, o director do Departamento Científico do European Research Council, José María Fernández de Labastida; o Presidente da Comisión Executiva do sincrotrón de luz ALBA, Ramón Pascual; os antigos xestores do Plan Nacional de Altas Enerxías, José Bernabeu, Domenec Espriu, Juan Fuster e Francisco del Águila; o Premio Max Planck e Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Pedro Etxenique; o Presidente do LIP de Lisboa e Delegado de Portugal no CERN, Gaspar Barreira, e o antiguo director da división de teoría nuclear do Brookhaven National Laboratory e do RIKEN-BNL Center, Larry McLerran, e científicos de gran prestixio como, entre outros, Antonio Pich, Helmut Satz, Alfóns Capella, Mario Pimenta, Mikhail Braun e Jorge Dias de Deus.

The contents of this page were updated on 10.13.2015.