Skip to main content

A USC no posto 374 do mundo por produtividade científica, segundo o ránking NTU

A USC no posto 374 do mundo por produtividade científica, segundo o ránking NTU
A USC no posto 374 do mundo por produtividade científica, segundo o ránking NTU

Segundo a análise e clasificación dos artigos científicos das 500 primeiras universidades do mundo, a de Santiago de Compostela é a 374 e a décima de España, segundo se desprende do ‘ Performance Ranking of Scientific Papers for World Universities’ que realiza a National Taiwan University. Para a ordenación dos resultados utilízanse tres criterios, logo desenvolvidos en oito indicadores, como son produtividade científica (25% da nota final), impacto investigador (35%) e excelencia da investigación (40%). Para a súa elaboración, o ránking emprega datos extraídos do Science Citation Index (SCI) e do Social Sciences Citation Index (SSCI).

Esta clasificación, ademais da listaxe xeral por universidades, inclúe dous clasificación máis por áreas de coñecemento e campos científicos. No primeiro caso, a produtividade científica elaborada na USC destaca en Agricultura, no posto 264 do mundo e no décimo entre as españolas, e en Ciencias Naturais, 284 no plano internacional e 8 no nacional.

Polo que respecta a campos científicos concretos, a mellor posición acadada pola investigación realizada na universidade compostelá localízase en Matemáticas (na carta posición das institucións españolas e 78 do mundo), seguida de Farmacia e Toxicoloxía (5ª/212ª), Ecoloxía e Medio Ambiente (5ª/262ª), Enxeñaría Mecánica (7ª/242ª), Enxeñaría Química (9ª/248ª), Enxeñaría Civil (11ª/224ª), Ciencias da plantas e dos animais (12ª/299ª) e Ciencias Agrícolas (15ª/154ª).

The contents of this page were updated on 10.15.2015.