As cláusulas sociais na contratación pública centran un seminario en Económicas
A Rede Eusumo e a Universidade de Santiago de Compostela a través do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) organizan esta semana o seminario ‘Economía Social: As cláusulas sociais na contratación pública’.
O encontro, que se inaugurará ás 9.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, tratará cuestións como as cooperativas, as cláusulas sociais na contratación dos concellos ou o financiamento a través da contratación pública, entre outras cuestións.