Ramírez-Heredia presenta en Ciencias da Comunicación o informe anual sobre o comportamento da prensa española ante a comunidade xitana
A aula 0 da Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este mércores 28 ás 11.00 horas a rolda de prensa na que o presidente da Unión Romaní, Juan de Dios Rodríguez-Heredia, presentará o informe ¿Periodistas contra el Racismo? 2014. Estará tamén presente o decano da Facultade, Xosé Ramón Pousa.
O estudo analiza un total de 2.273 informacións sobre a comunidade xitana recollidas en 268 medios de prensa escrita, dixital e TV. O documento revela que os profesionais seguen tratando a información sobre xitanos de maneira parcial e estereotipada, sobre todo nos contextos máis pexorativos. O 21% das informacións recibiron un tratamento negativo, sete puntos máis que o ano anterior, cifra que se eleva ata un 70% en noticias sobre delincuencia, droga ou agresións.