Skip to main content

Última ocasión para visitar en Fonseca a mostra de Fotoforum Compostela sobre a Universidade

'Salón Graos San Xerome', de Minia García Angulo, é unha das fotografías da exposición
'Salón Graos San Xerome', de Minia García Angulo, é unha das fotografías da exposición

Espazos nobres e contemporáneos, laboratorios, aulas, euforia e silencios... 46 imaxes que reflicten o cotiá e o simbólico da Universidade de Santiago dende as cámaras da asociación cultural Fotoforum Compostela conforman a mostra ‘Campus Foto’ que pecha este venres 24 as súas portas.

A variedade e versatilidade dos traballos producidos ao longo de tres meses constitúe un patrimonio fotográfico representativo da constante actividade xerada polo Fotoforum, que remata con esta mostra o programa expositivo do presente curso.

The contents of this page were updated on 07.23.2015.