Skip to main content

Aberta a matrícula nos cursos anuais e semestrais do Centro de Linguas Modernas

Aberta a matrícula nos cursos anuais e semestrais do Centro de Linguas Modernas
Aberta a matrícula nos cursos anuais e semestrais do Centro de Linguas Modernas
Tamén está aberto o prazo nos de Español como Lingua Estranxeira e nas probas B1 e B2 de acreditación

O Centro de Linguas Modernas (CLM) ten xa aberto o prazo de inscrición nos seus cursos semestrais e anuais de idiomas. Quen posúa coñecementos previos da lingua que desexa estudar pero non teña o nivel asignado deberá inscribirse á vez na proba para coñecer ese nivel de lingua. Esa mesma proba terán tamén que facer as persoas que desexen matricularse nos cursos de Español como Lingua Estranxeira e cuxa matrícula está xa tamén aberta. De igual xeito, o estudantado da Universidade de Santiago interesado en acreditar a súa competencia lingüística nos niveis B1 e B2 pode xa tamén formalizar a súa matrícula.

The contents of this page were updated on 07.27.2015.