Skip to main content

Xeografía e Historia acolle a presentación do proxecto ‘Camiño de Santiago: peregrinación polo camiño dos valores’ de Marek Kamiński

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, acollerá o luns 13 a presentación do proxecto ‘Camiño de Santiago: peregrinación polo camiño dos valores’ de Marek Kamiński, expedicionario, viaxeiro e explorador polaco que rematará a súa peregrinación a Santiago despois de percorrer o camiño durante tres meses de viaxes e atravesar Polonia, Alemaña, Bélxica, Francia e finalmente España. Na presentación na Facultade compostelá, a partir das 16.00 horas, intervirán ademais do peregrino polaco a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez; o embaixador de Polonia en España, Tomás Arabski; a directora xeral de Turismo, Nava Castro Domínguez; e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios Diz. O proxecto ten como obxectivo o apoio á Fundación de Marek Kamiński para axudar a nenos e adolescentes enfermos a superar as barreiras propias da súa situación e alcanzar os seus soños ademais de recadar fondos para os Campamentos Europeos de Conquistadores Polares.

The contents of this page were updated on 07.10.2015.