Skip to main content

Unha delegación francesa do Agrocampus Ouest visita Lugo para reactivar liñas de colaboración docente e de I+D+i coa APLTA

Pérez, Arbones, Bueno, Jantet, Croguennec e Barreiro, na vicerreitoría de Lugo
Pérez, Arbones, Bueno, Jantet, Croguennec e Barreiro, na vicerreitoría de Lugo

Unha delegación francesa do Agrocampus Ouest, un campus univeristario cunha orientación agronómica semellante á da sede universitaria luguesa e que conta con centros en Rennes, Le Mans, Nantes e, entre outras localizacións, Angers, está a completar esta semana unha visita a distintos centros da USC en Lugo en aras a reactivar e articular novas vías de colaboración, tanto no ámbito académico como no que atinxe a I+D+i, entre a USC e a institución francesa.

Os dous emisarios franceses que participan nesta visita, Romain Jantet, vicedirector dun dos centros do Agrocampus Ouest asociado ao INRA e radicado en Rennes que centra a súa actividade no estudo científico e tecnolóxico de leite e ovos., e o investigador mozo Thomas Croguennec, especialista no estudo de proteínas, así como das súas propiedades e a súa funcionalidade, participaron este xoves nunha xuntanza co vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e o vicererreitor de Densenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro. O director da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, Enrique Arbones, e o responsable de proyectos de I+D+i deste centro lugués, Alfonso Pérez, tamén participaron nesta xuntanza de traballo coa delegación universitaria do Agrocampus Ouest e durante a que a se exploraron novas posibilidades de colaboración entre as dúas institucións. O establecemento dun programa de estancias para persoal investigador recoñecido por parte das dúas universidades e a colaboración en diversos proxectos ou liñas de investigación nas que están a traballar tanto a APLTA como os diferentes centros integrados no Agrocampus Ouest constitúen dúas das liñas de traballo abertas entre a USC e o referido campus francés, cuxos emisarios tamén visitaron as remodeladas instalacións da APLTA.

The contents of this page were updated on 07.02.2015.