Skip to main content

O concurso ‘A táboa periódica e Galicia’ entregou este venres os seus premios

Ao acto de entrega de premios acudiron aproximadamente 300 estudantes dos centros educativos que presentaron os 30 mellores pósteres
Ao acto de entrega de premios acudiron aproximadamente 300 estudantes dos centros educativos que presentaron os 30 mellores pósteres
Resultou gañador o traballo ‘O Radon e a súa importancia’, presentado po alumnado do IES Rosais 2 de Vigo

A Facultade de Química acolleu este venres a entrega de premios do Concurso de carteis ‘A táboa periódica e Galicia’, do que resultou gañador o póster ‘O Radón e a súa importancia’, presentado po alumnado do IES Rosais 2 de Vigo, e que forma parte do conxunto de actividades organizadas por este centro co gallo do Ano Internacional da Táboa Periódica. O traballo, recoñecido cun premio en metálico de 1.000 euros, foi elaborado por Paula Albizúa Simón, Irene da Aira González, Uxía Franco Acea, Antía González Simón, Sheila Gracia Rivera, Eva Lareo Manzano, Ana Wenai Lobo Lago e Mario Méndez Puga, estudantes de 1º de BAC, e titorizado pola profesora Adriana Arca Ramos. Nunha sesión presidida pola decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera, ao acto de entrega acudiron aproximadamente 300 estudantes dos centros educativos que presentaron os 30 mellores pósteres.

O 2º premio, cunha dotación económica de 500 euros, recaeu no póster titulado ‘O tesouro oculto de Casaio: o Volframio’, presentado por Patricia Álvarez Cruz, Noelia Blanco Rodríguez, Aida de Pedro López, Eva Fernández Blanco, Andrea Fernández Sandes, Irati Garrido Rodríguez Ana Beatriz Pérez López, Ariadna Pérez Rodríguez e Elba Prada Rodríguez, todas elas estudantes de 1º de BAC do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, e titorizado pola profesora María Teresa Montes Lorenzo.

O 3º premio, de 300 euros, foi para o póster titulado ‘O aluminio na mariña lucense’, o cal resume o traballo conxunto dun total de 20 estudantes de 1º de BAC do IES Perdouro, de Burela: Alfonso Álvarez Sixto, Miguel Ángel Alves Veloz, Jairo Amancio Menéndez, María Ares Rodríguez, Katherine N. Arnez Cabrera, Christian M. Brito Gonçalves, Noel Díaz García, Álvaro Fernández Fernández, Miguel Fernández Fernández, Carla Fra García, Iván García González, Pablo Goás Pardiñas, Marta Lestao Fernández, Laura Pernas Pérez, Iván Pernas Pernas, Cristian Requeijo Fraga, Ángela Rivas Fiallega, Raisa Rivera Chonate, Pablo Rubal Losada e Cristina Vidal Fernández. O traballo titorizouno a profesora Ana M. Vázquez Sesmonde.

Ademais, os 27 pósteres restantes, e seleccionados tamén, foron agasallados cada un deles cun lote de material de laboratorio, destinado aos centros educativos dende os cales se presentaron os traballos. Este agasallo foi posible grazas a doazón do material por parte das casas comerciais Fisher Scientific, Gamacisa, Leboriz, Merck, Panreac, Portomédica, Proquinorte, Scharlab e Lápices 4.

Este concurso, promovido pola Facultade de Química a través do Grupo Interdisciplinar de Innovación Docente en Química e o Grupo de Innovación Docente en Química Física, tiña por obxectivo final fomentar no alumnado do ensino medio a inquietude pola Química a través do coñecemento do papel que a mesma xoga na contorna da súa vida cotiá. Dende a organización consideran cumprido satisfactoriamente o seu obxectivo pola súa grande acollida entre os centros educativos dispersos por toda a xeografía galega, de xeito que o seu éxito non se limitou aos 30 traballos agasallados, senón que contou coa participación dun total de 84 carteis, chegando así a implicar a alumnado procedente de todos os recunchos da Comunidade Autónoma.

The contents of this page were updated on 05.24.2019.