Skip to main content

A análise do ciclo de vida no sector agrario, a debate na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo

Marey e Cuesta, na apertura das xornadas sobre análise do ciclo de vida no sector agrario que se desenvolven na Escola Politécnica Superior
Marey e Cuesta, na apertura das xornadas sobre análise do ciclo de vida no sector agrario que se desenvolven na Escola Politécnica Superior
A xornada de traballo, organizada polo Grupo de Proxectos e Planificación da USC xunto coa Universidade de Oviedo, reúne uns 30 participantes

Abordar os métodos e as técnicas máis modernas na medición, valoración e optimización da sostibilidade das actividades agrarias é o obxecto das xornadas ‘Análise do ciclo de vida (ACV) no sector agrario’, un foro promovido polo Grupo Proxectos e Planificación (Proepla) da USC en colaboración coa área Proxectos de Enxeñaría do Departamento de Explotación e Prospección de Minas da Universidade de Oviedo, que reúne este venres na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior (EPS) do campus de Lugo unhas 30 personas.

O director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta, e o profesor e investigador do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC, Manuel Marey, abriron este venres esta xornada monográfica, un foro que conta con financiamento do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria e está dirixido á participación de investigadores, profesionais e estudantes das titulacións de enxeñaría no sector agrario. Os relatores convidados a participar nas distintas sesións programadas en quenda de mañá e tarde abordarán nas súas intervencións cuestións relacionadas coas metodoloxías enfocadas cara a mellora da eficiencia ambiental. As persoas participantes poderán tamén coñecer como pensamento de ciclo de vida tamén se pode orientar cara un enfoque global dos problemas de sostibilidade que abrangue desde as etapas de obtención dun produto ata as operacións de tratamento da súa vida útil. A análise e posta en común de distintos exemplos de aplicación das técnicas de análise de ciclo de vida e da pegada de carbono, así como a avaliación das vantaxes e problemas competitivos que deparan son outros dos contidos do programa. O programa desta xornada de traballo está estruturado en catro bloques, un primeiro no que representantes do MAGRAMA e doutros organismos de investigación, tales como INIA, USC e Uniovi presentarán o marco lexislativo, administrativo, de investigación e de docencia sobre a análise do ciclo de vida no sector agrario. Logo desta primeira intervención, representantes de empresas desenvolveron tanto software como procesos de apoio á posta en marcha de mecanismos de xestión ambiental en empresas farán as súas respectivas presentacións. As organizacións empresarial e os centros tecnolóxicos que colaboran na mellora ambiental do sector, así como as empresas que xa teñen implantado diferentes sistemas de xestión medioambiental nos seus procesos produtivos tamén terán voz no marco deste foro.

The contents of this page were updated on 09.25.2015.