Skip to main content

A Universidade, nos obxectivos de Fotoforum Compostela

A exposición 'Campus Foto' inaugurouse este xoves (Foto: Minia García Angulo)
A exposición 'Campus Foto' inaugurouse este xoves (Foto: Minia García Angulo)

Espazos nobres e contemporáneos, laboratorios, aulas, euforia e silencios... 46 imaxes que reflicten o cotiá e o simbólico da Universidade de Santiago dende as cámaras da asociación cultural Fotoforum Compostela e que conforman a mostra ‘Campus Foto’ que se pode visitar ata o 26 de xullo no claustro baixo do Colexio de Fonseca. A variedade e versatilidade dos traballos producidos ao longo de tres meses constitúe un patrimonio fotográfico representativo da constante actividade xerada polo Fotoforum, que remata así o programa expositivo deste curso. A exposición pode visitarse en horario de 9.00 a 21.00 de luns a sábado. Foto de grupo dos autores e autoras da mostra (Foto: Julio Nistal Roca)

The contents of this page were updated on 07.03.2015.