Skip to main content

O Service Point do European Innovation Partnership da Comisión Europea reúnese esta semana na Casa do Saber de Lugo

Logo do EIP-AGRI
Logo do EIP-AGRI
O equipo operativo do EIP-AGRI está formado por unas 24 persoas de 10 nacionalidades diferentes, catro das cales pertencen ó LaboraTe da USC

O equipo de traballo do Service Point do European Innovation Partnership (EIP-AGRI) da Comisión Europea, unha unidade de apoio creada pola Comisión Europea para impulsar a Asociación Europea de Innovación para a Produtividade e Sostibilidade da Agricultura e integrada por un consorcio de 7 socios (sendo a USC un deles) de 6 países, reúnese esta semana na Casa do Saber do campus de Lugo. O líder do consorcio, cuxas reunións de traballo comezarán este martes, a partir das 9.00 horas, na Casa do Saber de Lugo, é a VLM (Axencia Flamenca da Terra), unha organización pública flamenca responsable do desenvolvemento rural e a xestión de terras nesa rexión belga.

O Service Point está formado por consorcio de varias institucións de Bélxica, Alemaña, Estonia e Francia relacionadas co medio rural e a agricultura e silvicultura. A USC integra o Service Point a través do Laboratorio do Territorio (LaboraTe). O equipo operativo está formado por unas 24 persoas de 10 nacionalidades diferentes, catro das cales pertencen ó LaboraTe. A EIP-AGRI, dependente da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión, ten como obxectivo principal a creación de redes temáticas multi-actor que sirvan de punto de encontro para agricultores, consultores, investigadores, industria, ONG e outros para expresar as súas necesidades, compartir as súas ideas e coñecemento e, en último termo, construír solucións innovadoras que poidan ser máis facilmente postas en práctica. Para elo, conta co equipo do Service Point que organiza e facilita numerosos eventos (conferencias, grupos focais, seminarios) nos que se busca mellorar a comunicación e intercambio de coñecemento así como identificar necesidades de investigación dos distintos actores. Así mesmo, froito destes eventos, o Service Point elabora numerosas publicacións e pon a disposición dos usuarios unha ampla gama de ferramentas e servizos web orientados a incrementar o intercambio de coñecemento ou experiencias e a busca de socios para constituír ditas redes e grupos operativos. Cada 2 meses o equipo ó completo reúnese en Bruxelas para planificación e distribución de actividades e tarefas, pero por primeira vez dende constitución, este encontro terá lugar fóra da súa base, levando a cabo a vindeira xuntanza en Lugo, a onde se desprazarán os membros do equipo de traballo e os directivos do consorcio para unha intensa semana de traballo.

The contents of this page were updated on 07.06.2015.