Skip to main content

A función de educar, a análise no Simposio Internacional de Educación que comeza este martes

A función de educar, a análise no Simposio Internacional de Educación que comeza este martes
A función de educar, a análise no Simposio Internacional de Educación que comeza este martes

A relación educativa, os axentes e a función de educar serán os eixos do Simposio Internacional de Educación ‘Pedagoxía e construción de ámbitos de educación. A función de educar’ que dará comezo este martes 15 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). O simposio inaugurarase ás 10.00 horas nun acto no que o coordinador da Rede Internacional de Pedagoxía da Alteridade (RIPAL-REDIPE), o catedrático da Universidade de Murcia Pedro Ortega Ruíz, pronunciará a conferencia ‘A educación é un novo nacemento’. Deseguido darán comezo as sesións de relatorios nas que se estrutura o encontro e que correrán da man de especialistas de universidades e centros de investigación de Iberoamérica: Educación internacional e interculturalidade; Educación, lingua e cultura; Pedagoxía Mesoaxiolóxica; Pedagoxía da Alteridade; Educación para a paz; Innovación educativa; Inclusión, diversidade e valores; e Educación e pedagoxía: Proxectos, programas, reflexións, experiencias, modelos, metodoloxías. Este evento científico está organizado pola Rede Internacional de Pedagoxía (REDIPE) e o Grupo de Investigación Terceira Xeración da USC que dirixe José Manuel Touriñán, encargado de clausurar o encontro o xoves ás 10.00 horas cunha conferencia titulada ‘Concepto de educación e construción de ámbitos: a perspectiva da pedagoxía mesoaxiológica’.

The contents of this page were updated on 09.14.2015.