Skip to main content

Almudena Hospido Quintana asume a Vicerreitoría de Internacionalización

Almudena Hospido Quintana
Almudena Hospido Quintana

A profesora do Departamento de Enxeñaría Química Almudena Hospido Quintana asume o cargo de vicerreitora de Internacionalización da USC, en substitución do profesor Carlos Salgado. A este nomeamento súmase o de José Manuel Cotos Yáñez como adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento. Almudena Hospido, que entre setembro de 2013 e abril de 2014 foi coordinadora de Relacións Exteriores da USC, pertence á primeira promoción de enxeñeiros químicos da Universidade de Santiago, onde realizou os estudos de terceiro ciclo con estadías de investigación en Girona, Göteborg (Suecia) e Halifax. Logo de defender a súa tese doutoral trasladouse ao Reino Unido para realizar un posdoc na Universidade de Surrey. Regresou á USC en 2006 para incorporarse ao Departamento de Enxeñaría Química, primeiro cunha praza del Programa Isidro Parga Pondal e na actualidade como contratada doutora. A súa liña investigadora céntrase no ámbito da xestión ambiental, e en particular no desenvolvemento e aplicación da metodoloxía de Análise do Ciclo de Vida (ACV). Publicou máis de 40 artigos científicos en revistas internacionais e nacionais e oito capítulos de libros. Participou ademais en varios proxectos de investigación tanto autonómicos como nacionais e europeo (destaca a coordinación de ENERWATER, primeiro proxecto coordinado pola USC no Horizonte 2020) e en diversos contratos de investigación con empresas (Aquagest, Conservas Calvo, Feiraco, etc.) e organizacións (FAO).

The contents of this page were updated on 09.03.2015.