Skip to main content

Curso sobre estabilización e conservación de viños na Facultade de Ciencias

A profesora da UTAD Fernanda Cosme impartirá as distintas sesións formativas, que se desenvolverán do 15 ao 17 de setembro en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo acolle desde este martes ata o xoves 17 de setembro un curso de estabilización e conservación de viños, un seminario monográfico organizado pola Universidade Tras os Montes Alto Douro (UTAD) en colaboración coa USC, ao abeiro do programa Iacobus.

A profesora doutora da UTAD Fernanda Cosme será a encargada de impartir as distintas sesións teóricas e prácticas incluídas neste curso. A asistencia é libre e de balde para todas as persoas interesadas e as clases desenvolveranse en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, na Aula 4 da Facultade de Ciencias do campus de Lugo.

A profesora Fernanda Cosme abordará nas súas intervencións as nocións fundamentais dos procesos de clarificación e estabilización dos viños, así as principais causa de inestabilidade destes caldos ou as probas de estabilidade. Os procesos de maduración, a xestión de osíxeno e a maduración e o envellecemento dos viños serán outras das cuestións analizadas pola relatora durante as tres sesións nas que está estruturada esta actividade formativa, en cuxa celebración tamén colabora o Departamento de Química Analítica e Bromatoloxía da USC.

The contents of this page were updated on 09.15.2015.