Skip to main content

Deixar de fumar é posible

Deixar de fumar é posible

Un ano máis, a Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC alerta de que o tabaco é a principal causa de mortalidade evitable, a pesar de que cada vez son máis as persoas que o deixaron. Por esa razón esta unidade de especialistas da USC ofrece este curso académico varios tipos de tratamentos, realizados individualmente ou en grupo. Entre eles, o programa para deixar de fumar en poucas semanas e con pouco esforzo, o dirixido a mulleres ás que lles preocupa o aumento de peso ao deixalo ou os problemas co estado de ánimo ou o destinado a quen teña graves problemas de saúde física causados polo consumo de tabaco e que precisan unha intervención intensiva. Ademais, a Unidade de Tabaquismo conta cun programa para deixar de fumar por correo que se pode seguir comodamente desde casa e outros para o control e tratamentos de distintas adicións como o cannabis ou o abuso de novas tecnoloxías. As persoas interesadas poden dirixirse á Unidade que dirixe o catedrático Elisardo Becoña a través dos teléfonos 881 813939 e 881 813861 ou por correo electrónico (elisardo.becona [at] usc.es (elisardo[dot]becona[at]usc[dot]es) e ana.lopez [at] usc.es (ana[dot]lopez[at]usc[dot]es)).

The contents of this page were updated on 06.22.2023.