Skip to main content

A profesora Julia González, nova editora asociada da revista Industrial Crops and Products

Julia González Álvarez
Julia González Álvarez

A profesora do Departamento de Enxeñaría Química da USC Julia González Álvarez foi elixida nova editora asociada da revista Industrial Crops and Products (Elsevier). A profesora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría é a coordinadora do grupo de investigación ‘Aproveitamento de materiais lignocelulósicos’ e do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos. Industrial Crops and Products publica investigacións sobre cultivos e produtos industriais, cubrindo unha ampla gama de aspectos enfocados á explotación de cultivos agrícolas, entre eles, fibras, hidratos de carbono, aceites e ácidos graxos, ceras, resinas, gomas, caucho, proteínas, aceites esenciais para tinta, lubricantes, plásticos e cosméticos ou compostos bioloxicamente activos para farmacéuticos, herbicidas e insecticidas, ademais de conservantes. A revista está incluída no Journal Citation Report (JCR) cun índice de impacto de 2,837 en 2014, con posicións relevantes no ránking de índices de impacto nas áreas de Enxeñaría Agronómica e Agronomía que a sitúan no primeiro cuartil.

The contents of this page were updated on 09.16.2015.