Skip to main content

A decana de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez, designada presidenta da delegación galega do Instituto Español de Analistas Financeiros

A decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez Rozas, acaba de ser designada presidenta da delegación galega do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF). O posto de vicepresidente recaeu no director de Estudos de Bolsas y Mercados Españoles (BME), Domingo García Coto.

No transcurso da asemblea constituínte da delegación galega de IEAF quedou constituída a Xunta Directiva da que formarán parte Luis Otero, como secretario, Eugenia Escudero Prado, tesoureira; e Miguel Temboury, Loreto Fernández, Santiago Sesto, Dositeo Amoedo, Miguel Vázquez Taín, Roberto Pereira, Pedro Otero e Pablo Moro, como vocais.

A IEAF é unha asociación profesional sen ánimo de lucro que agrupa profesionais da análise, a inversión e a xestión financeira, a executivos e directivos de entidades financeiras ou da área de finanzas de empresas da economía real e a profesorado universitario de áreas económicas. Actualmente, intégrana 1.500 profesionais. Pola súa banda, a Fundación de Estudos Financeiros (FEF) é o centro de opinión e de pensamento do Instituto. Dedica o seu esforzo e recursos á investigación, formación e opinión independentes co compromiso de traballar a prol dun exercicio leal da liberdade económica fundamentado na eficacia, a transparencia e a ética.

The contents of this page were updated on 12.18.2015.