Skip to main content

Presentan en Ciencias da Comunicación o premio de xornalismo ‘Adiante-forward’ para menores de 30 anos

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este xoves 3 a presentación do premio de xornalismo ‘Adiante-forward’ destinado a xornalistas menores de 30 anos. Patrocinado por unha familia de emigrantes de Celanova residentes en Florida (EE.UU.), o premio consiste nunha bolsa de 3.000 euros destinada a completar formación mediante cursos específicos, practicas en medios de referencia ou o desenvolvemento dalgún proxecto editorial. A presentación da nova iniciativa terá lugar ás 11.00 horas na sala de xuntas do Decanato da Facultade compostelá e nela participan o seu decano, Xosé Ramón Pousa; o presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias; o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro; o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luís Menéndez; os patroicinadores do premio, Delfín Cid e Frank Cid; e o secretario da Fundación convocante, Antonio Piñeiro.

The contents of this page were updated on 09.02.2015.