Skip to main content

Recoñecendo novos valores da literatura galega

Miguel Cavadas, Paula Antía rey e Laura Camino gañaron esta primeira edición do certame (Foto: Luis Lorenzo)
Miguel Cavadas, Paula Antía rey e Laura Camino gañaron esta primeira edición do certame (Foto: Luis Lorenzo)
Entregáronse en Filoloxía os premios do I Concurso Literario Mazarelos

A Facultade de Filoloxía entregou este martes os premios do I Concurso Literario Mazarelos que convocou a súa comisión de normalización lingüística coa fin de fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.

Nesta primeira edición, á que se presentaron un total de 20 traballos, fíxose co primeiro premio o alumno Miguel Cavadas Docampo polo relato ‘ Os dous de cando en vez’ e co segundo Paula Antía Rey Baliña polo poema ' Ántrax'. O terceiro premio recaeu no poema ‘ O letargo da lavanda’ da estudante Laura Camino Plaza. A el e elas correspondéronlles, respectivamente, premios en metálico de 500, 250 e 150 euros.

O xurado, que decidiu por unanimidade os traballos premiados, estivo formado polos docentes Xosé Salgado Rodríguez, Manuela Palacios González e Helena de Carlos Villamarín e os escritores Carlos Negro Romero e Mercedes Queixas Zas.

No acto de entrega participaron, ademais dos membros do xurado, a decana da Facultade, María José López Couso; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

O acto de entrega dos premios presidiuno a decana de Filoloxía (Foto: Luis Lorenzo) O alumnado gañador coas autoridades e membros do xurado (Foto: Luis Lorenzo)

The contents of this page were updated on 12.02.2015.