O sábado 5 comeza o horario extraordinario de apertura de bibliotecas en Santiago e Lugo
Coincidindo co próximo inicio do período de exames, a Biblioteca Universitaria ampliará os seus horarios entre os días 5 e 22 de decembro coa apertura das salas de estudo da Biblioteca Concepción Arenal, en Santiago, e da Intercentros do Campus de Lugo ata as 3.00 horas.
Logo dunha interrupción polo período de Nadal, os horarios extraordinarios reanudaranse a partir do día 2 de xaneiro de 2016 en distintos centros dos campus de Santiago e Lugo. Así, a Biblioteca Intercentros luguesa abrirá ata as 3.00 horas entre os días 2 e 23 de xaneiro, un horario similar ao que fará a Concepción Arenal entre o 2 e o 6 de febreiro.
A estas propostas hai que sumar o reforzo da Sala de Lectura da Facultade de Dereito abrindo as 24 horas do día 4 ao 23 de xaneiro. Do mesmo xeito, a Biblioteca Xeral e a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais abrirán en horario continuado de 10.00 a 22.00 horas as fins de semana correspondentes aos días 9 e 10 e 16 e 17 de xaneiro.