Skip to main content

O catedrático Cándido Paz-Ares disertará en Dereito sobre os administradores sociais e os deberes de lealdade no bo goberno empresarial

O catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Autónoma de Madrid Cándido Paz-Ares imparte este mércores 30 a partir das 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito a conferencia ‘ Administradores sociais e deberes de lealdade no contexto do bo goberno empresarial’. Paz-Ares é redactor do Código de Bo Goberno e está considerado un referente en España e no contorno internacional no campo do goberno corporativo. Esta conferencia forma parte da sesión de clausura do curso de Goberno Corporativo e Responsabilidade Social das Empresas e nela participarán ademais o profesor José Antonio Gómez Segade que presentará ao conferenciante e logo da que se desenvolverá unha mesa redonda que dirixe o director do Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección da USC, Ángel Fernández-Albor.

The contents of this page were updated on 04.30.2014.