Skip to main content

Plantas que coidan de plantas nun horto urbano

O Proxecto de Hortos Urbanos da USC organiza a vindeira semana un seminario que ofrece claves sobre como combinar de xeito eficiente as distintas especies para axudar ao bo desenvolvemento da horta. Neste senso, sinalan os promotores desta acción formativa, que as plantas aromáticas e ornamentais poden xogar un papel importante para o mantemento da saúde da horta e a mellora da súa produción. Incluído no programa USC en Transición, o proxecto organizará o martes 18 este seminario que se poderá seguir de xeito presencial a partir das 19.15 horas na Aula 5 da Facultade de Bioloxía de Santiago e simultaneamente, por videoconferencia, na Aula XXV Aniversario da Facultade de Veterinaria de Lugo.A entrada a este acto, organizado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible será libre ata completar o aforo.

The contents of this page were updated on 02.13.2014.