Skip to main content

Radio campUSCulturae on line comeza a súas emisións cun programa en directo diante de 400 escolares en Compostela

Radio campUSCulturae on line comeza a súas emisións cun programa en directo diante de 400 escolares en Compostela
Radio campUSCulturae on line comeza a súas emisións cun programa en directo diante de 400 escolares en Compostela
A primeira experiencia de radio universitaria que desenvolve a USC comeza as súas emisións cunha grella de programación integrada por 10 propostas iniciais

Radio campUSCulturae on Line, a primeira experiencia de radio universitaria estable que se vai desenvolver na Universidade de Santiago, inaugurou este xoves, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Radio, a súas emisións cun programa en directo que se desenvolveu no auditorio da Facultade de Ciencais da Comunicación diante uns 400 escolares pertencentes a 11 centros de ensino que resultaron finalistas do I Certame de Radio Escolar CampUSCulturae.

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, asistiu á estrea das emisións da nova canle de radio universitaria, no transcurso dun acto no que tamén participaron o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Pereira Fariña, así como os coordinadores da Radio CampUSCulturae on line, Irene García García, Xosé a. Neira Cruz e Toni España Faqué. A nova canle Radio campUSCulturae on line, que é unha iniciativa do proxecto europeo homónimo coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e que conta con financiamento da Culture Agency da Unión Europea, emitirá a diario unha programación realizada por estudantes, profesores e persoal non docente da USC, así como por centros de ensino non universitario, colectivos de inmigrantes, asociacións e internos dos centros de penitenciaría de A Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña). Asemade, esta nova canle, que pretende prestar especial atención á diversidade cultural, ás minorías lingüísticas, á creatividade e, entre outras, ás persoas en risco de exclusión social, incorporará en próximas datas contidos doutras canles radiofónicas universitarias. A nova radio comeza as súas emisións cunha grella de programación composta por 10 propostas iniciais: Metrópoles delirantes, primeiro programa radiofónico sobre banda deseñada existente en Galicia, presentado pola locutora Nieves Rodríguez; ¿Claro para todos?, programa sobre lecer universitario; Neurovit, programa sobre música electrónica e ciencia; 94 voces, espazo dedicado á información de actualidade; a axenda cultural Zona O; o programa Voz crítica, de reportaxes informativas de actualidade; Generación 9.0, programa sobre a cultura e as tendencias dos 90; Al detalle, programa de monográficos temáticos; o programa infantil Abracadrabra; e Todas as mañás do mundo, espazo de viaxes por linguas, países e culturas.

The contents of this page were updated on 02.13.2014.