Skip to main content

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas recupera o servizo de cafetería con horario continuado durante todo o día

Fran Fernández e Nati Janeiro, na cafetería da Facultade de ADE
Fran Fernández e Nati Janeiro, na cafetería da Facultade de ADE

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo conta de novo cun servizo de cafetería con horario continuado, de 8.30 a 21.00 horas, logo de que os Nati Janeiro e Fran Fernández asumiran a xerencia desta cafetería universitaria.

A ampliación do horario de funcionamento e o incremento da oferta de artigos e produtos teñen revitalizado nas últimas semanas a vida universitaria nesta facultade luguesa, segundo indicou a responsable deste establecemento de hostalería. Nati Janeiro indicou que nesta nova etapa, a cafetería da Facultade de ADE do campus lugués está a funcionar como calquera outro local de hostalería no que se despachan bebidas e outros artigos consumibles, ademais dunha ampla variedade de menús diarios e ata unha carta con pratos de calidade e a prezos económicos. A decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus lugués, Begoña Barreiro, sinalou que o novo sistema de traballo dos actuais responsables do servizo de cafetería da facultade é positivo para tanto para a mellora das prestacións e dos servizos dos que pode gozar a comunidade universitaria como para a dinamización e fortalecemento das relacións persoais e profesionais da xente que traballa e estuda neste centro universitario.

The contents of this page were updated on 02.18.2014.