A Aula Tic-Pemes da USC forma a persoas con discapacidade a través do proxecto ‘Abrimos unha ventana ao mundo para TI(C)’
A Aula Tic-Pemes da Universidade de Santiago de Compostela formará no eido das tecnoloxías da información e da comunicación a persoas con discapacidade intelectual a través do proxecto ‘Abrimos unha ventana ao mundo para TI (C)’, un programa que conta con financiamento da Fundación La Caixa e que será desenvolvido por voluntarios previamente seleccionados no campus lugués.
As distintas actividades programadas ao abeiro desta iniciativa promovida pola Aula TIC-Pemes da USC comenzarán a desenvolverse este mércores 5, a partir das 19.20 horas, nunha das aulas de informática da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. O proxecto ‘Abrimos unha ventana ao mundo para TI(C)’ é un nova actuación promovida pola Aula TIC-Pemes da USC no eido da responsabilidade social, un campo no que xa ten desenvolvido outras accións, tamén dirixidas a colectivos en risco de exclusión.