Skip to main content

Unha xornada sobre servizos ambientais dos ecosistemas abre na EPS o ciclo Mundo Rural Galego a Debate, promovido por Ruralia

Relatores, nun momento da sesión celebrada na EPS
Relatores, nun momento da sesión celebrada na EPS

O grupo de innovación educativa Ruralia, integrado por varios profesores do campus de Lugo, así como por docentes de ensino medio, abriu na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo a sétima edición do ciclo ‘Mundo Rural Galego a Debate’ cun foro sobre servizos ambientais dos ecosistemas.

A investigadora brasileira da Universidade Federal de Viçósa Nathália T.C. Silva; Óscar Rivas López, da Asociación Galega de Custodia do Territorio, e o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Emilio Díaz Varela foron os relatores que abordaron esta temática no marco dunha sesión moderada por Ana Isabel García Arias, profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC. A exposición e posta en común de distintas experiencias de Europa e América referidas a servizos ambientais dos ecosistemas e a diversidade de mecanismos de remuneración ou provisión deste tipo de prestacións xeradas polos ecosistemas centraron as intervencións dos distintos relatores convidados a este foro, ao que tamén asistiron estudantes dos másteres en Enxeñaría de Montes, así como do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. O grupo de innovación educativa Ruralia celebrará o vindeiro 25 de novembro unha nova sesión de debate e análise, a través da que se dará continuidade á sétima edición do ciclo Mundo Rural Galego a Debate.

The contents of this page were updated on 10.22.2014.