Skip to main content

Alumnado de Ciencias da Comunicación traballa na produción do musical ‘Tres días de galerna’

O prazo de inscrición no cásting remata o próximo 3 de novembro
O prazo de inscrición no cásting remata o próximo 3 de novembro
Búscanse instrumentistas, voces e bailaríns e bailarinas entre os estudantado da USC, que poderían validar a súa participación no proxecto con ata 4 créditos ECTS

‘Tres días de galerna’ é un musical ambientado nos anos 60 sobre amor, amizade e momentos únicos na vida das persoas e que ademais forma parte do traballo fin de grao de alumnado de Ciencias da Comunicación que, coa colaboración da Área de Cultura da USC e de Canal Campus Lab, busca a persoas dispostas a participar nesta produción. O única requisito é ser estudante da USC, porque a participación neste proxecto poderá validarse con 4 créditos ECTS. Esta proposta está aberta a instrumentistas, voces e bailaríns/as que deberán realizar un casting de selección, para o que deberán inscribirse como máis tardar o próximo luns 3 de novembro. No caso dos instrumentistas, os responsables da produción buscan interpretes de guitarra, baixo, batería, percusión, trompeta, trompa, saxofón e trombón. A proba terá tres partes: a execución dunha obra ou canción de libre elección, a interpretación libre dunha obra elixida entre catro propostas de Procol Harum, Ray Charles e Bessy Smith e unha improvisación. Para as persoas que opten para os postos de vocais, haberá unha proba de carácter musical (con interpretacións de diversas pezas, outra de improvisación e unha proba de rexistro) e outra de interpretación. No capítulo de bailaríns e bailarinas, o casting consistirá nunha coreografía libre outra a escoller de entre catro propostas, así como na realización de pasos de baile indicados no momento. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar o perfil de Facebook da obra ou escribir ao correo electrónico tresdiasdegalerna [at] gmail.com (tresdiasdegalerna[at]gmail[dot]com).

The contents of this page were updated on 10.30.2014.