Skip to main content

Ciencias da Comunicación acolle a presentación dun documental sobre o sistema de protección de menores galego

A Facultade de Ciencias da Comunicación é o lugar escollido para o primeiro pase do documental Vidas invisibles, un relato sobre a situación do sistema de protección de menores galego. A exhibición celebrarase este mércores 29 ás 13.00 horas no Salón de Actos desta facultade compostelá. Este obra está producida por P Estudio en colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña e a Asociación da Prensa da Coruña e presenta un achegamento ao sistema de protección de menores a través da experiencia da xornalista e familia de acollida dende fai trece anos, Isabel García. Vida Invisibles presenta o traballo realizado ao longo dun ano a través do diálogo, entre outros, con representantes de asociacións de acollida e adopción, avogados de menores ou psicólogos/as. Este proxecto de realización documental enmárcase dentro dunha investigación xornalística sobre o sistema de protección de menores que terá unha duración aproximada de entre 4 e 5 anos e que se sintetizará en cinco libros e cinco documentais: un primeiro de contexto e os outros catro para cada medida de protección. No acto, ademais da exhibición desta peza documental, intervirán a investigadora principal Isabel García e o realizador Emiliano Cossini, que tratarán de explicar as motivacións desta produción e as dificultades para poder acadar o produto final.

The contents of this page were updated on 10.28.2014.