Skip to main content

Recordan a Avelino Pousa Antelo cunha placa en Ciencias da Educación

A placa sitúase diante da Facultade. Foto: Servimav-USC
A placa sitúase diante da Facultade. Foto: Servimav-USC

No ano 2000, con ocasión do Día das Letras Galegas e o cincuentenario da morte de Castelao, instalouse na beira da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Vida a figura en pedra dunha nena, a carón da cal Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao e membro de honra do centro, plantou un castiñeiro. Hoxe, a carón desa árbore, a Facultade compostelá quixo facerlle unha homenaxe ao intelectual galego finado en 2012 descubrindo unha placa que conserve para as novas xeracións a súa memoria.

The contents of this page were updated on 10.21.2014.