Skip to main content

Un obradoiro infantil do Museo de Historia Natural achegará os máis cativos ao cheiro dos bosques

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
Celebrarase de 11.00 a 13.00 horas e estará impartido pola titulada en Bioloxía Silvia Romero Río
Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural celebrará o próximo sábado 29 o obradoiro ‘O cheiro dos nosos bosques: plantas aromáticas’ dirixido a rapaces de 6 a 12 anos. Celebrarase de 11.00 a 13.00 horas e estará impartido pola titulada en Bioloxía Silvia Romero Río. A reserva de prazas pode realizarse a través da web do Museo de Historia Natural.

A través dunha metodoloxía de descubrimento mediante actividades e xogos, o obradoiro axudará a coñecer características e curiosidades de diferentes especies aromáticas dos bosques e dos campos ligados á cultura popular galega, ademais de axudar a entender as interaccións entre diferentes compoñentes dos ecosistemas, tanto animais como vexetais. A iniciativa axudará a que os máis pequenos valoren os beneficios que as plantas achegan aos seres humanos e como diferenciar entre especies autóctonas, exóticas e invasoras, así como sensibilizar sobre a importancia da conservación das especies.

The contents of this page were updated on 05.20.2024.