Presentación da XI Reunión Científica de Bioinorgánica ‘Biolugo2019’ na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presentará este mércores, a partir das 12.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo, a XI Reunión Científica de Bioinorgánica ‘Biolugo2019’, un evento de periodicidade bienal que se desenvolverá do 30 de xuño ao 3 de xullo na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
A catedrática da Área de Química Inorgánica da USC e profesora na Facultade de Ciencias, María Isabel Ferández García; a deputado provincial Álvaro Santos Ramos e un representante político do Concello de Lugo tamén participarán na sesión de presentación deste evento científico promovido pola Asociación de Química Bioinorgánica (Aebin) en colaboración do grupo de investigación Suprabioin da USC, coordinado polo profesor Marcelino Maneiro.
A reunión científica de Bioinorgánica ‘BioLugo2019’ conta entre os seus patrocinadores coa Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, Caixa Rural Galega, Foresa Technologies, Leboriz, Abanca, Torre de Núñez e SUL.