Skip to main content

As xornadas sobre ‘Cultura emprendedora e emprego xuvenil’ celebraranse a vindeira semana en Dereito

As Xornadas sobre cultura emprendedora e emprego xuvenil profundarán nos aspectos teóricos e prácticos do emprendemento xuvenil nun encontro que se celebrará na facultade de Dereito os vindeiros días 24 e 25. Esta é unha actividade organizada por un grupo de investigadores noves pertencentes ás facultades de Dereito e Relacións Laborais ao abeiro do programa Iniciativa Xove. O desenvolvemento do programa reunirá a docentes e investigadores das universidades de Almería, Complutense de Madrid así como da propia USC, xunto con profesionais do Dereito e investigadoras novas. A súa presenza permitirá abordar dende unha perspectiva multidisciplinar as recentes medidas lexislativas aprobadas no eido do emprendemento. Así, impartiranse unha serie de conferencias que, dende o eido laboral, fiscal, mercantil e administrativo, avalían as recentes reformas xurídicas levadas a cabo, coa fin de que os futuros emprendedores se informen das vantaxes deseñadas polo novo marco lexislativo. Ademais, achegaranse á mocidade as experiencias reais de persoas que iniciaron ou están a iniciar a vía do emprendemento en diversos ámbitos, co propósito de compartir experiencias e inquedanzas, fomentando así as sinerxías e avogando pola colaboración e a aprendizaxe conxunta.

The contents of this page were updated on 09.17.2014.