Skip to main content

A Compañía de Danza da USC interpreta este martes no Toural a peza ‘Onde se fugan as valentes’

A Compañía de Danza da USC actuará este martes 23 baixo a dirección artística de Juan Carlos Zahera no marco das actividades do programa ‘Santiago sen Fronteiras’ que organiza Médicos sen Fronteiras. A compañía universitaria porá en escena ás 17:00 horas na Praza do Toural a peza ‘Onde se fugan as valentes’, interpretada por Ángeles Dobao, Miryam Gallego, Ipek Guler, Patricia Martínez e Mª José Pérez, con coreografía de Xiana Vilas e produción da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social. A experiencia dun encontro entre mulleres é o punto de partida da montaxe, “mentres que os puntos de fuga son a nosa escusa para atoparnos, e polo tanto a nosa protección”, explica o director. Non importa o pasado, só o presente entre o aquí e o agora: “agora é o momento, imos visibilizar o invisible, ser parte dos lugares que foxen e perdernos entre os froitos dos encontros e desencontros”, matiza.

The contents of this page were updated on 09.22.2014.