A USC ofrece este xoves na Facultade de ADE unha recepción a estudantes estranxeiros matriculados no campus de Lugo
A USC ofrecerá este xoves unha recepción a estudantes internacionais que formalizaron a súa matrícula este curso nalgúns dos títulos de grao e/ou posgraos impartidos nos centros universitarios do campus de Lugo.
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, será o encargado de presidir a sesión, que se desenvolverá, a partir das 11.00 horas, na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; o vicerreitor de Internacionalización, Carlos Alberto Salgado, e o coordinador do Centro de Linguas Modernas da USC no campus de Lugo, Manuel Fernández, tamén intervirán no acto. O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, tamén participarán nesta xornada informativa e de encontro con universitarios estranxeiros, aos que informarán da oferta cultural e de servizos que poden atopar na cidade e na provincia de Lugo.