A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC presenta os seus tratamentos para fumadores
E exporá datos sobre cuestións actuais relacionadas co consumo de tabaco
O catedrático de Psicoloxía Clínica da USC e director da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC, Elisardo Becoña, ofrece este venres 3 unha rolda de prensa para presentar os tratamentos para fumadores que se administran dende a Unidade. Ademais, aproveitará para expor datos actuais sobre cuestións relacionadas co hábito do tabaco como a evolución do número de fumadores, o cigarro electrónico ou a relación entre o consumo e a depresión ou o aumento de peso.