Skip to main content

O Centro de Linguas Modernas organiza esta semana un ciclo de cine co fútbol como protagonista

O Centro de Linguas Modernas da USC inicia este luns 6 un ciclo temático de cine en lingua alemá, dedicado este ano ao fútbol, no que se exhibirán un total de catro películas en versión orixinal e subtituladas ao castelán. A temática está relacionada coa recente celebración do Mundial de Fútbol disputado en Brasil e no que a selección alemá se proclamou campioa.

A primeira das proxeccións será a da cinta do ano 2011 Unidos por un soño, a partir das 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. O martes 7 será a quenda da co-produción internacional Bo nadal, á que lle seguirá o mércores 8 O milagre de Berna e o xoves 9 a cinta Galatasaray Depor. Todas elas celebrarase no Salón de Actos de Filosofía dende ás 9.30 horas.

The contents of this page were updated on 10.06.2014.