ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | 1st year (Yes)
• Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia de Galicia
• Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia de Galicia
• Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía específica
A materia estrutúrase en dous grandes bloques.
Un primeiro de 6 temas onde se fará en percorrido cronolóxico pola Historia de Galicia:
1. Prehistoria
2. Percorrido polos xacementos máis significativos da Prehistoria de Galicia (roteiro in situ)
3.Historia Antiga
4 Historia Medieval
5. Historia Moderna
6. Historia Contemporánea
O segundo dos bloques, de 8 temas, onde se tratarán temas transversais a tódolos contidos tratados anteriormente:
7. O fenómeno xacobeo ó longo dos séculos
8. Historia urbana de Santiago de Compostela (saída e roteiro in situ)
9. A(s) emigración(s) nas épocas moderna e contemporánea
10. As mulleres na Historia de Galicia
11. A educación e a alfabetización
12. Alimentación e vida cotiá
13. Metroloxía tradicional galega
14. Clase final. Exame.
Para o Bloque I:
AA. VV. (1982). Historia del arte gallego, Madrid, Editorial Alhambra.
AA. VV. (1995-1996). Historia de Galicia, A Coruña, Vía Láctea Editorial, 5 vols.
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., e VILLARES PAZ, R., coords. (2007). A Gran Historia de Galicia, A Coruña, Arrecife, 32 vols.
BERAMENDI, X. (2007). De provincia a nación: Historia do galeguismo político, Vigo, Xerais.
BERAMENDI, X. e NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M. (1996). O Nacionalismo galego, Vigo, A Nosa Terra.
DE JUANA, J. e PRADA, J., coords. (2005). Historia contemporánea de Galicia, Barcelona, Ariel.
DUBERT, I., coord. (2012). Historia de la Galicia Moderna, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.
REY CASTELAO, O., (1998). A Galicia clásica e barroca, Vigo, Galaxia.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F., dir. (1993). Galicia. Arte, A Coruña, Hércules, 7 vols.
VILLARES, R., (2004). Historia de Galicia, Vigo, Galaxia.
Para o Bloque II:
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., dir. (2000-2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, USC - Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2 vols.
CASTRO DÍAZ, B., e LÓPEZ-MAYÁN, M., coords. (2012). Historia de Santiago de Compostela, A Coruña, Vía Láctea Editorial.
CASTRO, X., (2007). Historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX, Vigo, Nigratrea.
ID. (2010). A Rosa do viño: cultura do viño en Galicia, Vigo, Galaxia.
ID. (2010). Yantares gallegos: historia da dieta atlántica, Santiago de Compostela, USC-Servicio de Publicacións e Intercambio Científico.
COSTA RICO, A., (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX): Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo, Vigo, Xerais.
DÍAZ Y DÍAZ, M. C. (1997). De Santiago y de los caminos de Santiago, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Comunicación Social, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.
GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R., (2000). Lecturas de Nós. Introducción á literatura galega, Vigo, Xerais.
HERNÁNDEZ BORGE, J. e GONZÁLEZ LOPO, D. L., coords. (2007). Pasado e presente do fenómeno migratorio galego en Europa, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
LÓPEZ-MAYÁN, M., (2011). A Igrexa na Galicia Medieval, Santiago de Compostela, Lóstrego.
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., (1998). Emigrantes, caciques e indianos: o influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930), Vigo, Xerais.
REY CASTELAO, O., (2006). Los mitos del Apóstol Santiago, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago-Nigratrea.
ID. (2003). Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XIX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
REY CASTELAO, O., coord. (2010-2011). Historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela-Vigo, Xunta de Galicia-Nigratrea, 4 vols.
RODRÍGUEZ CORRAL, J., (2009). A Galicia castrexa, Santiago de Compostela, Lóstrego.
SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P., (1994). La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica.
SUÁREZ PIÑEIRO, A., (2008). Así era la vida en la Galicia romana, Santiago de Compostela, Lóstrego.
• Capacitar ó alumno para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Galicia, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
• Capacitar ó alumno para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
• Potenciar a autonomía do alumno mediante unha metodoloxía de aprendizaxe onde semanalmente se facilitarán os contidos da clase inmediata con antelación, para o estudio previo do alumnado
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades, cun pequeno descanso no intermedio. A primeira hora será expositiva, dirixida polo profesor, e a segunda terá un carácter maioritariamente práctico (proxeccións, comentarios, lecturas, debates).
O material de estudio será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente, co que o alumno poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Nas dúas saídas programadas na materia haberá a posibilidade de realizar algún traballo relacionado coa visita, sempre con carácter formativo; isto é, ou bibliográfico ou de profundización nalgún contido específico.
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio e dirixido polo profesor, a entregar antes do final da docencia.
Por último, o alumnado terá a posibilidade de traballar sobre os contidos vistos en cada clase cun formulario breve de 3 (tres) preguntas sobre o visto nesa mesma clase que se entregarán na clase seguinte. Isto último, insistimos, soamente con carácter voluntario para aqueles interesados.
Na avaliación final terase en conta a asistencia e a participación na aula e nas actividades correspondentes (30%), a realización dun traballo a elixir polo alumno entre varias modalidades e dirixido polo profesor (40%) e un exame final (30%).
Anxo Rodriguez Lemos
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- Phone
- 881812707
- a.rodriguez.lemos [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h
Monday | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula Q.Técnica Facultade Química |