ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
• Estudio das manifestacións artísticas máis relevantes da arte compostelá.
• Relacionar as obras conservadas en Compostela coas de outros lugares e períodos.
• Utilizar a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada, propia das manifestacións artísticas.
• Establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte: desde a divulgación á investigación.
• Compostela na Idade Antiga... restos romanos
• El “Locus Santii Iacobi” Unha cidade nacida o amparo dunha tumba
• A Compostela do Românico: A catedral
• O Gótico: dende as parroquias ata as igrexas mendicantes (San Domingos de Bonaval)
• A Arte Renacentista: O Hostal dos Reis Catolicos
• A Compostela Barroca. Arquitectura e urbanismo
• A ampliación do perímetro urbano e as novas arquitecturas na Compostela contemporánea
Proporcionarase bibliografía específica para cada un dos apartados. Non existe un manual
Subiranse materiais de referencia á aula virtual
Traballaremos cos principais recursos “on line” sobre a Historia e Arte na cidade de Santiago para coñecer mais en profundidade o patrimonio e faremos tantas saídas de aula como sexa posible, a Catedral, San Martiño Pinario, Hostal dos Reis Católicos, Paseo polo urbanismo compostelán, San Domingos de Bonaval, Santa María do Sar, Museo das peregrinacións, Museo da Catedral....
Demostrar curiosidade intelectual e o espírito crítico para a aprendizaxe.
Conciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social co patrimonio.
Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
Capacidade para planificar e levar a termo proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo
Conciencia e capacidade para reflexionar sobre novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Ensino de ferramentas “on line” para afundir no coñecemento da materia e fomentar a exploración de recursos por parte do alumnado
- Prácticas de campo (saídas programadas de acordo cos alumnos fora da aula, praticamente a metade das horas da materia para experimentar “in situ” os monumentos)
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Presencialidade e participación na aula: 50%. Cuestionario da materia 30%
Para acadar a Matricula de Honra ou Sobresaínte será necesario realizar un traballo
Coido que en estas materias non procede o computo de horas posto que todas son expositivas agas as saídas de aula
Capacidade de ler produción científica do ámbito dos estudos sobre arte compostelá
Coñecemento dos principios e fontes básicas do estudo da Historia de Arte
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias engrupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discentemáis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase éobrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintesindicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar deencanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitaranexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tantono traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, eoutras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadaspolo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado domesmo.
Mª Dolores Barral Rivadulla
Coordinador/a- Department
- History of Art
- Area
- History of Art
- Phone
- 881812720
- mdolores.barral [at] usc.es
- Category
- Professor: University Lecturer
Wednesday | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Sala Arquivo Histórico Universitario |