ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | (Yes)
O obxectivo desta materia é, por unha banda, ofrecer unha achega á metodoloxía e fontes documentais que permiten “reconstruír” a historia relixiosa en Galicia e, pola outra banda, chegar a comprender, dentro da relixiosidade local da Idade Moderna, o importante papel que xogaron os santuarios, en especial tralo Concilio de Trento (1545-1563). Como lugares de referencia, tanto materiais, como simbólicos para as comunidades nas que se atopaban e nos territorios de relación máis próximos, capelas, ermidas e santuarios, como espazos de culto aos santos ou á Virxe, foron meta de peregrinacións e orixe de romarías. A cronoloxía a estudar abrangue dende o século XVI ata o XIX, dado que existe unha continuidade clara e sen apenas cambios que xustifican o tratamento na longa duración. Para iso, organizamos o programa en oito grandes bloques, cuxos temas se impartirán correlativamente e que, dalgunha maneira, simulan o camiño emprendido por calquera romeiro ou devoto dende que se convirte en prometido, chega ao santuario agradecido e, finalmente, emprende o camiño ao seu lugar de orixe portando consigo algún elemento ou sacra que lle sirva para lembrar ao seu espazo de devoción de referencia ata o vindeiro ano. De xeito transversal percórrese a xeografía sagrada da Galicia Moderna, partindo dende a división eclesiástica e a importancia dos seus axentes de control, ata dar no por qué un templo calquera pode dar lugar a un santuario pola simple “concorrencia de xentes”.
Bloque I: A división eclesiástica de Galicia: das dióceses ás parroquias.
1. Dioceses, arciprestados, parroquias e lugares.
2. Bispos, arciprestes, curas párrocos ou abades, capeláns...
3. O intercambio da información civil e eclesiástica: o sistema de veredas.
4. O clero galego: formación, orixe e conductas.
5. O papel das ermidas e santuarios nas reformas parroquiais de Galicia.
Bloque II: Que é un santuario?
6. A categorización dos espazos de culto locais.
7. Fundacións: iniciativas e intereses.
8. As lendas de fundación.
9. O territorio de graza. O coñecemento e difusión dos milagres.
10. A haxiografía e a literatura devocional: os santos de libro.
Bloque III: O goberno e a administración.
9. Tipoloxías de padroádego (laico, eclesiástico, etc.)
10. Outras persoas ao servizo dos santuarios “por devoción” ou xornal.
11. A xestión económica: ingresos e gastos dependentes “del rigor de los tiempos”
a) O excedente piadoso e o negocio da fe: poxas, rifas, sorteos e outras vendas.
Bloque IV: As prácticas relixiosas nun santuario.
12. Oficios litúrxicos ordinarios.
13. Oficios extraordinarios: rogativas, votos, clamores, sermóns e misións.
14. O contacto co sagrado: da peregrinación ao exvotos.
14.1. O camiño.
14.2.. A chegada e o sometemento ao sagrado.
14.3. A contraprestación ao ben recibido.
a) Exvotos artesanais ou industriais.
b) Exvotos de obxectos persoais.
c) Obxectos relacionados coa doenza.
d) Obxectos laborais
e) Partes do corpo: cortadas ou arrincadas.
f) Outras doazóns.
Bloque V: A contorna dos santuarios.
15. Adro, alamedas e carballeiras.
16. Hospederías, hospitaliños e cubertos para os romeiros.
17. Mesóns, tabernas e outros postos ao aire libre.
18. Casas reitorais e cuartos do ermitán.
Bloque VI: As festividades.
19. Procesións.
20. Outros elementos: xigantes e cabezudos, música, danza, fogos de artificio, globos, etc.
Bloque VII: O retorno ás casas. Lembrar o sacro.
21. Estampas, novenas, follas devocionais ou medallas.
Bloque VIII: A conflictividade no seo dos santuarios
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, José María (1951), Romerías gallegas. Ediciones Galicia. Buenos Aires: Centro Gallego.
BATALLA GARDELLA, Salvador (2002), Santuarios: guía de turismo y peregrinación. Madrid: Edicel.
CARDESO LIÑARES, J. (1995), Santuarios marianos de Galicia. A Coruña.
CARMONA MUELA, Juan (2003), Iconografía de los santos. Madrid, Ed. Istmo.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José (1989), Guía para visitar los santuarios marianos de Galicia. María en los pueblos de España. Madrid: Ediciones Encuentro.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José (1992), Santuarios de Galicia. Santiago de Compostela: Ed. Compostela.
FRAGUAS FRAGUAS, Antonio (1995), Romarías e santuarios. Vigo: Galaxia.
FUENTES ALENDE, José (2024), Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular. Pontevedra: Deputación de Pontevedra & Museo de Pontevedra.
RODRÍGUEZ LEMOS, Anxo (2023), Entre aparicións, promesas e romarías. A relixiosidade nos santuarios galegos da Idade Moderna (séculos XVII-XIX). XXIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Pontevedra: Concello de Valga.
COMPLEMENTARIA
DEL HOYO, Jerónimo (2016) Memorias del Arzobispado de Santiago. Reproducción facsimilar. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago.
FLÓREZ, Enrique (1764-1767), España Sagrada. Theatro geographico histórico de la Iglesia de España. Madrid: Oficina de Antonio Marín.
MOLINA, SAGRARIO (1675), Descripción del Reyno de Galicia y de las cosas notables del. Madrid: Roque Rico de Miranda. A costa de Antonio Riero y Texada.
Nomenclátor de las parroquias y personal eclesiástico del Arzobispado de Santiago de Compostela. Santiago, 1883.
RIOBOO Y SEIXAS, Antonio (1716), Relación verídica y avtenticada por avtoridad del Ordinario de la ciudad y arçobispado de Señor Santiago, vnico Patrón de España. Santiago: Antonio de Aldemunde.
SANDOVAL, Prudencio de (1610), Antigvedad de la civdad y iglesia cathedral de Tuy y de los obispos qve se save aya auido en ella. Braga: Casa de Fructuoso Lourenço de Basto, f.42r-42v.
VILLAFAÑE, Juan de (1726), Compendio histórico en que se da noticia de las milagrosas y devotas imágenes de la Reyna de cielos y tierra María Santíssima, que se veneran en los más célebres santuarios de Hespaña. Salamanca: Imprenta de Eugenio García de Honorato.
VORÁGINE, Santiago de la (1989), La Leyenda Dorada, vol. I, Madrid: Ed. Alianza.
AGUDO TORRICO, Juan (1993), “Religiosidad popular, territorio y poder; santuarios supracomunales y simbolización de las relaciones intracomarcalas”, en Revista de Estudios Andaluces, nº 19, pp. 97-127.
ALONSO DOCAMPO, Francisco Javier (dir.). (2013) Magnificat. Vigo: Santuario da Nosa Señora da Franqueira. Casa das Artes, Vigo. 27 septiembre/27 octubre de 2013. Concello de Vigo & Diocese Tui-Vigo.
ALONSO PONGA, José Luís (1999), Rito y sociedad en las comunidades agrícolas y pastoriles de Castilla y León. Valladolid: Junta de Castilla y León.
ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Dolores (2001), El retablo barroco en la antigua diócesis de Tui (Pontevedra). Pontevedra: Diputación de Pontevedra.
ÁLVAREZ SANTALÓ, León Carlos (2010), Dechado barroco del imaginario moderno. Sevilla: Secretariado de Publicaciones, Universidad de Sevilla, 2010.
ÁLVAREZ SANTALÓ, León Carlos; BUXÓ REY, Mª Jesús & RODRÍGUEZ BECERRA, Salvador (2003), La religiosidad popular I. Antropología e Historia. Barcelona: Anthropos
ÁLVAREZ SANTALÓ, León Carlos; BUXÓ REY, Mª Jesús & RODRÍGUEZ BECERRA, Salvador (2003), La religiosidad popular III. Hermandades, romerías y santuarios. Barcelona:
METODOLOXÍA
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades, cun pequeno descanso no intermedio. Ambas mesturarán no seu devir a parte expositiva, dirixida polo profesor, coa parte interactiva baseada en proxeccións, comentarios, lecturas ou debates dirixidos a espertar o interese e, por conseguinte, estimular o coñecemento. O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente, co que o alumnado poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte ou, cando menos, repasalos.
.Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio e dirixido polo profesor, a entregar o último día de clase en data a estipular en común.
Por último, o alumnado deberá superar unha proba (tipo test) arredor dos contidos xerais vistos na aula.
AVALIACIÓN
Na avaliación final terase en conta a asistencia e a participación na aula e nas actividades correspondentes (30%), a realización dun traballo a elixir polo alumno entre varias modalidades e dirixido polo profesor (40%) e un exame final (30%).
TRABALLOS:
TRABALLO FINAL:
Modalidade A. Resumo/recensión dunha obra de divulgación científica recente sobre relixiosidade.
Modalidade B. O meu santuario de referencia.
Criterios obrigatorios para a entrega do traballo, independentemente da modalidade elixida:
Elección do traballo: ata a clase do día 16 de outubro, incluida.
Entrega: Data a estipular polo grupo (xeralmente a fins do cuatrimestre)
Estrutura: límite 10 folios (máx.):
- Letra Times New Roman, tamaño 12, interlineado 1,5.
- Debe conter, OBRIGATORIAMENTE, os seguintes epígrafes:
o Portada (1º folio): título do traballo, nome e apelidos do alumno/a, materia
o Índice (2º folio): epígrafes no que se divide o traballo
o Corpo do traballo: texto
o Conclusións ou valoración do traballo (folio/s final/is)
Anxo Rodriguez Lemos
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- Phone
- 881812707
- a.rodriguez.lemos [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h