ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | (Yes)
OBXECTIVOS de aprendizaxe do alumnado:
1º. Coñecer a evolución da sociedade galega durante os séculos contemporáneos.
2º. Coñecer a tipoloxía da documentación primaria que se utiliza na historia social contemporánea, prestando unha atención especial ás fontes persoais e familiares (memoria oral, álbumes fotográficos, acervos epistolares, diarios e autobiografías) como documentación relevante para mellorar o coñecemento da historia do sec. XX.
3º. Aplicar as técnicas básicas de recuperación e análise sistemática desas fontes que constituén a memoria familiar de procesos históricos como a mercantilización das explotacións familiares de policultivo, as migracións do campo ás vilas e cidades e a diversificación das actividades económicas nestas últimas.
4º. Fomentar a capacidade do alumnado para elaborar informes presentando os logros de cada fase do proxecto de pescuda, os resultados finais acadados e unhas conclusións que inclúan propostas de mellora.
5º. Desenvolver a capacidade do alumnado para comunicar verbalmente as características e resultados do proxecto de pescuda implementado.
Bloque I: A historia social da Galicia Contemporánea: características dos grupos das xentes do común e das elites locais.
7 sesións con saídas a museos, arquivos e barrios da cidade de Santiago.
Bloque II: Aplicación práctica das técnicas de análise de documentación persoal, familiar e de arquivos locais.
5 sesións para deseñar e desenvolver un proxecto de pescuda sobre historia familiar e local.
2 sesións para elaborar un informe final e presentalo ao grupo-aula.
1 sesión final para avaliar o desenvolvemento do obradoiro. Realizarase, a ser posible, no marco dunha saída didáctica ao Museo Casa do Patrón en Doade (Lalín) ou ao Ecomuseo de Arxeriz (Escairón).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ALLEGUE OTERO, G., 1991, Galicia, o oficio de vivir: o mar, a terra e a cidade, Nigra, Vigo.
COSTA BUJÁN P., 1996, Compostela: memoria fotográfica, Ara Solis, Santiago de Compostela.
- 2015, La ciudad heredada: evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela, 1778-1950, Teófilo Edicións-Consorcio de Santiago de Compostela.
- 2016, Periferias y (des)borde: evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela, 1778-1950, Teófilo Edicións-Consorcio de Santiago de Compostela.
JUANA, J. de e PRADA, J., coords., 2005, Historia Contemporánea de Galicia, Ariel, Barcelona.
ITURRA, R., 1998, “A oralidade e a escritura na construcción do social”, Estudios Migratorios, nº 6, pp. 57-68.
PERNAS OROZA, H., 2003, Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século XIX e o promeiro tercio do XX, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
- 2010, “Vida e vivencias no compostelán barrio de San Pedro durante o século XIX e o primeiro terzo do XX”, Adra, nº. 5, Revista da Asociación de Amigos do Museo do Pobo Galego, pp. 119-133.
- 2011, Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Nigratrea, Baiona.
SOUTELO VÁZQUEZ, R., 2005, Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural, IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, Concello de Valga.
- 2017, Entre Ourense e América. A emigración nos proxectos de vida de diferentes tipos de familias na Galicia rural: 1880-1960, Deputación de Ourense.
- e VÁZQUEZ LOJO, Mª X., 2015, Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense.
VILLARES PAZ, R., 2016, Historia de Galicia, Galaxia, Vigo.
- Valorar positivamente as experiencias vividas, as lembranzas e a documentación persoal e familiar conservada polas persoas maiores como un acervo cultural importante para coñecer mellor a historia da nosa sociedade durante o século pasado.
- Capacidade de analizar sistemáticamente e interpretar datos e feitos recollidos nas fontes persoais e familiares: memoria oral, cartas, fotos, diarios e autobiografías.
- Competencia histórica para analizar críticamente o pasado extraendo reflexións útiles para mellorar a sustentabilidade, a solidaridade e o benestar da sociedade democrática actual.
Combinaremos períodos expositivos, en cada sesión, coa saída a museos, arquivos e barrios composteláns nas primeiras sesións do obradoiro.
As sesións interactivas da segunda parte do obradoiro desenvolveranse como segue:
- Sesión 9: Análise e organización das fontes documentais que achegue o alumnado.
- Sesión 10: Deseño e orientación dos proxectos individuais de pescuda.
- Sesións 11 e 12: desenvolvemento do proxecto coa análise crítica de fontes e sistematización da información relevante para presentar os resultados.
- Sesión 13: elaboración de informes finais recollendo as aprendizaxes derivadas da aplicación do proxecto de pescuda.
Exposición en público dos resultados acadados en cada proxecto para fomentar a competencia comunicativa e as aprendizaxes cooperativas.
Reflexión final sobre o desenvolvemento do obradoiro para recoller propostas de mellora.
Partirá do nivel de coñecementos do alumnado para fomentar a eficacia do método de aprendizaxe aplicado e rectificar as propostas que non acaden os obxectivos fixados.
- A asistencia e a participación activa e proactiva nas sesións e o compromiso coa implementación do proxecto de pescuda suporán ata o 55 % da cualificación final.
- A calidade do informe final elaborado individualmente suporá ata o 25% desa cualificación: corrección ortográfica e gramatical, coherencia das argumentacións e aplicación axeitada das convencións de citacións de fontes e bibliografía.
- A exposición verbal ao grupo das aprendizaxes acadadas coa aplicación do proxecto suporá outro 20% da cualificación final
O das sesións presenciais e 20 horas aproximadas de lecturas, reflexión e realización das prácticas propostas.
Asistencia e participación proactivas nas sesións presenciais de traballo na aula.
Lectura reflexiva e visionado atento dos materiais recomendados e dispoñibles no curso virtual da materia.
Implementación do proxecto de pescuda acordado co profesor dende comezos do curso.
Esta materia obradoiro fornece coñecementos sobre a evolución histórica das familias labregas, obreiras, de artesáns e comerciantes e con emigrantes e retornados partindo da recuperación da memoria familiar valorándoa como parte importante da historia social da Galicia contemporánea.
A escala microsocial é a idónea para a análise dos cambios, económicos, sociais e culturais operados nos últimos cen anos porque permite esculcar as consecuencias dos grandes procesos históricos nas vidas da xente corrente: as relacións humanas e entre grupos sociais, os proxectos vitais e familiares, a incorporación de novas tecnoloxías produtivas e da comunicación ou das ideoloxías creadas noutras sociedades, etc, aparecen nos testemuños orais, nas fontes epistolares e noutra documentación que conservaron as familias do común e, máis aínda, as elites locais de comerciantes, propietarios e profesionais liberais.
Esta estratexia didáctica favorece o empoderaramento das persoas da terceira idade cuxas experiencias vividas, coñecementos adquiridos e exemplos de compromiso cívico precisamos para [re]construir a sociedade do presente dende modelos menos mercantilistas e máis sustentables e solidarios.
Raul Soutelo Vazquez
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- raul.soutelo [at] usc.es
- Category
- External area professor