ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
Obxectivos da materia
Coñecer, comprender e utilizar:
- Os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación.
- A tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas e arbóreas. Cultivos.
- Os principios da tecnoloxía da produción hortofrutícola.
- As bases e tecnoloxía da propagación e produción hortofrutícola.
Contidos:
- Bases técnicas en cultivos herbáceos intensivos, frutais e xardinería.
- Sistemas de cultivo: cultivos ao aire libre, cultivos protexidos.
- Tecnoloxía dos cultivos: propagación, transplante, labores culturais (poda, entitorado, fertirrigación....)..
- Comercialización.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Bloques de contidos teóricos (horas de docencia expositiva dedicadas + h de traballo non presencial estimadas):
I- Introdución e xeneralidades sobre cultivos (1 h + 1 h n.p.)
II.- Técnicas de hortofruticultura e xardinería: propagación e labores culturais (5 h + 5 h n.p.)
III. -Sistemas de cultivo: cultivos ao aire libre e cultivos protexidos (2 h + 2 h n.p.)
IV. -Materiais e estruturas utilizadas en hortofruticultura e xardinería (3 h + 3 h n.p.)
V. -Control climático en invernadoiro (2 h +2 h n.p.)
VI.- Abonado (2 h + 2 h n.p.)
VII. -Cultivos sen solo (1 h + 1 h n.p.)
VIII. -Recolección e postcolleita (1 h + 1 h n.p.)
Bloques de contidos prácticos (horas de docencia interactiva dedicadas)
I.- Viveiros de especies hortofrutícolas e xardinería (2 h + 2 h n.p.)
II.- Transplante e labores culturais de distintos cultivos (3 h + 3 h n.p.)
III.- Calidade de produtos hortícolas (2 h + 2 h n.p.)
IV. -Resolución de problemas (4 h + 4 h n.p.)
V.- Prácticas de campo: viaxes
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Alarcón, A. (coord.) 2006. Cultivos sin suelo. Ediciones de Horticultura; Compendios de horticultura 17 . 269 pp
- Alpi, A., Tognoni, F. 1999. Cultivo en Invernadero. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 347 pp.
- Cadahía, C. 2005. Fertirrigación. Cultivos hortícolas, frutales y ornamentales. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 681 pp.
- Castilla, N. 2007. Invernaderos de plástico. Tecnología y manejo Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 462 pp.
- Espí, E., Díaz, T., Fontecha, A., Jiménez, J. C., Lopez, J., Salmeron A. 2001. Los filmes plásticos en la producción agrícola. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 320 pp.
- Espí, E. 2012. Materiales de cubierta para invernaderos. Cuadernos de estudios agroalimentarios, (3), 71-88.
- Hernández, J. C. L., Parra, J. P. 2006. Evolución de las estructuras de invernadero. Plasticulture: Revue du CIPA, (125), 8-17.
- Losada, A. 2005. Riego II. El: fundamentos de su hidrología y de su práctica. Mundi-Prensa.
- Maroto, JV. 2008. Elementos de horticultura general. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 188 pp.
- Maroto Borrego, JV. 2002. Horticultura herbácea especial. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 702 pp.
- Talens, J. A. M. 2009. Riego localizado y fertirrigación. Mundi-Prensa.
- Urrestarazu, M. (coord.) 2004. Tratado de cultivo sin suelo. Madrid : Mundi-Prensa. 914 pp.
- Urrestarazu, M. 2015. Manual práctico de cultivo sin suelo e hidroponía. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 278 pp.
- Vega, A. M. 2014. Mantenimiento y manejo de invernaderos. Ediciones Paraninfo, SA.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Aznar Sánchez, J. Á. 2012. El clúster agroindustrial de la horticultura intensiva de Almería: Surgimiento, dinámica y perspectivas. Cuadernos de Estudios Agroalimentarios (CEA), (2), 199-217.
- Camacho Lliteras, J.L. 2002. A Horta en Galicia: guía práctica para o cultivo. Ed. Baia. 105 pp.
- Cordeiro Budiño, X.; Davila Villar, M.C.; Núñez Rajoy, A. 2008. A nosa horta: guía para a ordenación dos cultivos da horta familiar. Edicións Xerais de Galicia. 247 pp.
- Díaz, J.R.(coord.) 1995. Curso Superior de Especialización sobre Postcosecha y Comercialización de los Productos Hortícolas, Técnicas y Canales de Distribución. Dirección General de Investigación Agraria de la Junta de Andalucía. 347 pp
- George, R.A.T. 1989. Producción de semillas de plantas hortícolas. Ed. Mundi-Prensa. 330 pp.
- Giaconi, M; Escaff, G. 2001. Cultivo de hortalizas. Editorial Universitaria Santiago. 15 ed. 337 pp.
- Hoyos Echevarría, P. (coordinador). 2005. Seminario de técnicos y especialistas en horticultura. MAPA. 510 pp.
- Hoyos Echevarría, P. y Martín Trujillo, M. (coordinadores) 2007. El cultivo de tomate para fresco. Situación actual y perspectivas desde el punto de vista técnico y comercial. MAPA 2005. 218 pp.
- Martín Trujillo, M; Hoyos Echevarría, P. (coordinadores). 2007. XXXVI Seminario de técnicos y especialistas en horticultura. MAPA. 602 pp
- Souzaq, J.L; Resende, P. 2006. Manual de horticultura orgánica. Viçosa, MG (Brazil). Aprenda Fácil Editora. 2. ed. 834 pp.
- Tesi, R. 2001. Medios de protección para la hortofruticultura y el viverismo. Ed. Mundi-Prensa. 288 pp.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Agustí, M; Fonfria, MA. 2010. Fruticultura. Mundi-Prensa. Madrid.
- Coque, M.; Diaz, MB; Garcia, JC. 2012. Poda de froiteiros e técnicas de propagación e plantación. MAPA. Madrid
- Coque, M.; Diaz, MB; Garcia, JC. 2008. El cultivo del manzano. MAPA. Madrid
- Diversos artigos de revístas Fruticultura profesional, Scientia horticulturae, Journal.
Esta materia contribúe a adquirir as seguintes competencias:
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo .
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, trazabilidade e certificación e as técnicas de mercadotecnia e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
CR2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Protección de cultivos contra pragas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética.
HJ1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da tecnoloxía da produción hortofrutícola
HJ2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía da propagación e produción hortícola, frutícola e ornamental. Control de calidade de produtos hortofrutícolas. Comercialización.
HJ4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das áreas verdes, espazos deportivos e explotacións hortofrutícolas.
HJ5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da obra civil, instalacións e infraestruturas das zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Regas e drenaxes. Maquinaria para hortofruticultura e xardinaría.
HJ8 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de hidroloxía. Erosión. Material vexetal: produción, uso e mantemento; ecosistemas e biodiversidade; medio físico e cambio climático. Análise, xestión e plans de ordenación territorial. Principios de paisaxismo. Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; desenvolvemento práctico de estudos de impacto ambiental; proxectos de restauración ambiental e paisaxística; proxectos e plans de mantemento de zonas verdes; proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a ordenación do territorio e da paisaxe; xestión e planificación de proxectos e obras.
MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal; Cultivos.
Metodoloxía da ensinanza
A docencia expositiva levarase a cabo principalmente mediante clases expositivas apoiadas por material que o profesor achega e pon a disposición dos alumnos na aula virtual
A docencia interactiva en seminarios consistirá principalmente na resolución de problemas e casos prácticos.
A docencia interactiva de prácticas consistirá na visualización de videos. Tamén se realizará unha viaxe de prácticas na que os alumnos terán contacto con diferentes aspectos da produción e comercialización.
As competencias que permiten adquirir as diferentes metodoloxías de ensinanza utilizadas son:
- Docencia expositiva: CG1, CR2, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, EA2, MC1,
- Docencia interactiva de seminarios: CB2, CG4, CT6, CT10, CT12, CR2, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2, HJ8, EA2, MC1
- Docencia interactiva de prácticas: CR2, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2, HJ8, EA2, MC1
- Elaboración de traballos: CB2, CB4, CR2, CG4, CT5, CT6, CT10, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5
A avaliación da materia realizarase mediante:
Exercicios escritos: nos que se avaliará a adquisición de coñecementos e competencias traballados en toda a materia.
O valor dos exercicios na nota final será do 20%.
Se nos exercicios da primeira oportunidade alcánzase a cualificación de 5 pero non se supera a materia, se garda esa nota para a convocatoria de segunda oportunidade.
Asistencia activa e participación nas clases: valorarase mediante control de asistencia e observación da actitude e participación nas clases. Terá unha contribución na nota final do 50 %.
Aproveitamento das prácticas, que son obrigatorias: nalgunhas prácticas realizaranse probas para determinar o nivel de aproveitamento das mesmas, incluíndo a viaxe. Só poderán realizar a proba dunha práctica concreta quen asistise á mesma. En conxunto esta cualificación supoñerá un 30 % da nota final
O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias. O traballo e as prácticas só se poderán realizar e/ou presentar nos prazos que se fixen durante o período de docencia da materia.
En caso de non superar a materia nun curso, ningunha cualificación nin actividade realizada consérvase para o seguinte.
As competencias avaliadas con cada unha das compoñentes do sistema de avaliación son:
- Exercicios escritos (20 %): CT1, CT2, CT3, CT4,CT7, CT10, CT12, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2
- Asistencia e participación nas clases (50 %): CT1, CT2, CT3, CT4
- Aproveitamento das prácticas (30 %): CG1, CEG6, HJ1, HJ2
Para os alumnos que teñan recoñecida dispensa de asistencia de acordo coa Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, a súa cualificación será do 100% para os exercicios escritos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Estímase que un alumno debe dedicar á materia , para superala e adquirir as competencias previstas:
- Actividades presenciais:
• Clases interactivas: 13 horas
• Clases expositivas: 17 horas
Asistir regularmente a clase e viaxe. Consultar as dúbidas. Ser constante na materia.
Mª Belén Díaz Hernández
Coordinador/a- Department
- Plant Production and Engineering Projects
- Area
- Plant Production
- Category
- Professor: Temporary PhD professor
Monday | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula 3 pl baixa Facultade Ciencias |