ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
• Practicar a fala e a escrita en lingua galega (valorase o contido e non se rebaixará a puntuación por descoñecer a normativa vixente).
• Reforzar e ampliar os coñecementos do alumnado sobre a Literatura galega contemporánea (a publicada entre 1975 e 2000 aprox.).
• Seleccionar os autores e obras máis representativos entre 1975 e 2000 aprox.
• Identificar as características definitorias de cada autor estudado e de cada obra salientada.
• Dialogar criticamente con autores e obras que o alumnado aínda non lera.
CONTIDOS
A Literatura galega entre 1975 a 2000 aprox.
1) Contexto sociohistórico.
2) Narrativa: Víctor Freixanes, Carlos Casares, Paco Martín, Marina Mayoral, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Carlos G. Reigosa, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Ramón Caride, Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Marcos Calveiro.
3) Poesía: Pilar Pallarés e Manuel Forcadela.
4) Teatro: Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez, Roberto Vidal Bolaño, Cándido Pazó, Xavier Lama, Raúl Dans e Quico Cadaval.
o Bibliografía primaria das edicións que posúen un estudo crítico das obras que se analizarán con maior atención na aula.
o E así mesmo, as seguintes historias e dicionarios da literatura:
Fernández del Riego, Francisco (1995). Historia da Literatura. Edtorial Galaxia.
GLIFO (1998). Diccionario de termos literarios (a-d). Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI
GLIFO (2003). Diccionario de termos literarios (e-h). Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI
Roig Rechou, Blanca-Ana (1996). A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e intercambio científico. Teses en microficha. N.º 578.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2002a). “La Literatura Infantil y Juvenil en Galicia”/“A Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia”. En Darío Villanueva Prieto e Anxo Tarrío Varela (coords.), La Literatura desde 1936 hasta principios del siglo XXI: Narrativa y traducción/A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción. Hércules Ediciones, Vol. XXXIV, cap. 8, pp. 382-501.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2005). “Literatura infantil e xuvenil en Galicia: dos inicios á consolidación”. En Gemma Lluch e Blanca-Ana Roig Rechou, Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Boletín Galego de Literatura. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, n.º 32 (2º semestre 2004), pp. 141-167, http://hdl.handle.net/10347/2056
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (Coord.) (2000). Proxecto Galicia. Literatura. Hércules de Ediciones.
Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Dicionario da Literatura Galega I. Autores. Galaxia.
Vilavedra, Dolores (1997). Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2003). Diccionario da literatura galega III. Obras. Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2004). Diccionario da literatura galega IV. Termos e institucións literarias. Galaxia.
o Bibliografía secundaria
Agra [Pardiñas], María Jesús, Carmen Franco Vázquez e Blanca-Ana Roig (2010). “Texto-imagen: A lingua das bolboretas de Manuel Rivas”. En Susana Pérez Pico y Manuel A. Candelas Colodrón. Diálogos intertextuales 4: Discursos (audio)visuales para un receptor infantil y juvenil. Estudios de literatura infantil y juvenil: medios audiovisuales. Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften, pp. [15]-23.
Fernández Vázquez, Mar (2017a), “O mundo eclesiástico na obra casariana”, en Armando Requeixo (Ed.), Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío. Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 337-346.
Fernández Vázquez, Mar (2017b), “De letras: Carlos Casares”, en Mar Fernández-Vázquez (coord.), De letras e de imaxes nas aulas de Primaria. Hércules de Ediciones/ Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, col. Bibliodidáctica, n.º 2, pp. 33-50.
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Xerais.
Para aprobar a materia “Literatura galega contemporánea” é obrigada a asistencia ao 80% das clases impartidas.
O alumnado debe avisar na aula ou por correo electrónico das ausencias non xustificadas.
As xustificadas son só por causa médica ou semellantes (non é preciso a entrega ou envío de ningún certificado médico).
O alumnado compensará as ausencias non xustificadas coa participación activa na aula, a exposición oral e o traballo escrito.
A nota final (100%) será a suma de:
• a participación activa na aula (o alumnado pode sumar un 40% na nota final),
• a breve proba oral final (o alumnado pode sumar un 30% na nota final). Tras a lectura dunha obra elixida polo alumnado entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego entre 1975 e 2000 aprox., este exporá na aula que aspecto lle resultou máis sorprendente e cal entendeu como menos relevante na obra lida.
A penúltima clase destinarase ás probas orais do alumnado.
En lugar de realizar esta proba oral, ofréceselle ao alumnado a posibilidade de participar no programa “LECTORALI”, con outro alumnado de IV Ciclo e con alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Infantil da Facultade de Formación do Profesorado, Lugo, para que a represente alumnado de educación infantil.
Este ApS foi presentado pola docente á IX convocatoria de proxectos de innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) de 2024.
O labor do alumnado de IV Ciclo consistiría en realizar unha selección de textos e ilustracións da literatura de tradición oral (máximo de tempo para realizala: 1 mes) e escrita dunha obra dramática infantil (máximo de tempo para realizala: 2 meses).
• e o traballo escrito (o alumnado pode sumar un 30% na nota final). Tras a lectura dunha obra elixida polo alumnado entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego desde 1975 ao 2000 aprox., o alumnado redactará un comentario sobre dous aspectos que considerou relevantes na obra lida.
O alumno deberá subir ao campus virtual (antes do 16 de abril) un arquivo pdf co traballo realizado.
Extensión: 5 páxinas simples, Interliñado 1,5 cm, Letra Garamond, Tamaño 12 puntos, Xustificado.
Abordarase a Literatura galega contemporánea desde un enfoque comparativo, no que se incidirá no contexto sociopolítico e cultural que condiciona a cada autor e que inflúe na súa obra literaria, e na análise filolóxica e crítica do autor e da súa produción literaria. Tamén se ofrecerá ao alumnado a posibilidade de participar nun programa de Aprendizaxe-Servizo denominado “LECTORALI”.
Ademais, se é factible, realizaranse clases prácticas en fundacións de autores, por exemplo, a Fundación Carlos Casares, para coñecer de primeira man a súa biobliografía, as súas obras de consulta e os seus referentes, entre outros aspectos.
E tamén se procurará programar prácticas (se o alumnado ten dispoñibilidade para asistir) a fundacións de autores destacados, abordados no programa da materia ou outros autores pertencentes ás mesmas unidades xeracionais ou que sigan as liñas estilísticas abertas polos autores máis recoñecidos pola crítica e polo lectorado.
Así mesmo, tentarase programar saídas a exposicións sobre autores e/ou as súas obras, a representacións teatrais, pictóricas, fotográficas ou outra manifestación artística que versen sobre autores en lingua galega; a presentacións de libros; a conferencias e/ou a cursos sobre autores, temas ou obras tratadas por autores recoñecidos en lingua galega, entre outras posibles actividades que se celebren durante o segundo cuadrimestre.
Se non fose posible realizar estas prácticas nin saídas en horario lectivo, ofrecerase información ao alumnado para que poda realizalas no seu tempo de lecer.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
o Bibliografía primaria das edicións que posúen un estudo crítico das obras que se analizarán con maior atención na aula.
o E así mesmo, as seguintes historias e dicionarios da literatura:
Fernández del Riego, Francisco (1995). Historia da Literatura. Vigo: Editorial Galaxia.
GLIFO (1998). Diccionario de termos literarios (a-d). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI [Consulta: 2 abril 2023].
GLIFO (2003). Diccionario de termos literarios (e-h). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI [Consulta: 2 abril 2023].
Roig Rechou, Blanca-Ana (1996). A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e intercambio científico. Teses en microficha. N.º 578.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2002a). “La Literatura Infantil y Juvenil en Galicia”/“A Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia”. En Darío Villanueva Prieto e Anxo Tarrío Varela (coords.), La Literatura desde 1936 hasta principios del siglo XXI: Narrativa y traducción/A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción. A Coruña: Hércules Ediciones, Vol. XXXIV, cap. 8, pp. 382-501.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2005). “Literatura infantil e xuvenil en Galicia: dos inicios á consolidación”. En Gemma Lluch e Blanca-Ana Roig Rechou, Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Boletín Galego de Literatura. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, n.º 32 (2º semestre 2004), pp. 141-167, http://hdl.handle.net/10347/2056 [Consulta: 2 abril 2023].
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (Coord.) (2000). Proxecto Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones.
Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Dicionario da Literatura Galega I. Autores. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (1997). Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2003). Diccionario da literatura galega III. Obras. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2004). Diccionario da literatura galega IV. Termos e institucións literarias. Vigo: Editorial Galaxia.
o Bibliografía secundaria
Agra [Pardiñas], María Jesús, Carmen Franco Vázquez e Blanca-Ana Roig (2010). “Texto-imagen: A lingua das bolboretas de Manuel Rivas”. En Susana Pérez Pico y Manuel A. Candelas Colodrón. Diálogos intertextuales 4: Discursos (audio)visuales para un receptor infantil y juvenil. Estudios de literatura infantil y juvenil: medios audiovisuales. Frankfurt am Main: Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften, pp. [15]-23.
Fernández Vázquez, Mar (2017a), “O mundo eclesiástico na obra casariana”, en Armando Requeixo (Ed.), Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 337-346.
Fernández Vázquez, Mar (2017b), “De letras: Carlos Casares”, en Mar Fernández-Vázquez (coord.), De letras e de imaxes nas aulas de Primaria, A Coruña/Santiago de Compostela: Hércules de Ediciones/ Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, col. Bibliodidáctica, n.º 2, pp. 33-50.
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
González-Millán, X. (1994). Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
López Sández, María (2008). Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. VII Premio Ramón Piñeiro. Vigo: Editorial Galaxia.
Lourenzo, Manuel e Francisco Pillado Mayor (1979). O teatro galego. A Coruña: Ediciós do Castro.
Nogueira Pereira, María Xesús (2005). Estratexias narrativas na obra de Cunqueiro. Santiago de Compostela: Universidade. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega. Tese de doutoramento.
Nogueira Pereira, María Xesús (2009). Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro. Santa Comba: TresCtres Editores.
Rodríguez, Francisco, Claudio Rodríguez Fer, Francisco Salinas Portugal, Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo e Xosé María Dobarro Paz (1985). A nosa literatura: unha interpretación para hoxe (II). A Coruña: Edicións Xistral.
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (1996-2019). Informe de Literatura. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (CD-ROM e www.cirp.es/rec2/informes/) [Consulta: 2 abril 2023].
Roig Rechou, Blanca-Ana (2002b). “Literatura infantil e xuvenil. Carlos Casares in memoriam (1942-2002)”, en Revista Galega do Ensino, “O pracer de ler”, nº 35 (maio 2002), pp. 235-243.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2004a). “O contexto”. En Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Versión e dirección de José Caldas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/IGAEM, col. Centro Dramático Galego, n.º 33, pp. 38-105.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2008a). La Literatura Infantil y Juvenil Gallega en el siglo XXI. Seis llaves para entenderla mejor/ A Literatura Infantil e Xuvenil Galega no século XXI. Seis chaves para entendela mellor. Madrid/Santiago de Compostela: Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil/Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Consellería de Cultura e Deporte).
Roig Rechou, Blanca-Ana (2008b). “Memorias dun neno labrego y la obra de Xosé Neira Vilas”. En Ana Pelegrín, Mª Victoria Sotomayor, Alberto Urdiales (eds.), Pequeña memoria recobrada. Libros infantiles del exilio del 39. Madrid: Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (Secretaría General Técnica. Subdirección General de Información y Publicaciones), pp. 155-167.
Esta materia impártese de forma presencial durante 30 horas lectivas, de carácter expositivo, aínda que se valora no sistema de avaliación a participación activa do alumnado asistente á aula.
O alumnado debe empregar as horas de estudo e de traballo persoal que considere necesarias para responder ao sistema de avaliación indicado.
Aconséllase:
- A asistencia ás clases, xa sexan estas virtuais ou/e presenciais, e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
- Ter en conta as orientacións da profesora canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral coma escrito.
- Respectar as datas e prazos de entrega das actividades ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que estabelece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ouestudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor.Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración oureinterpretación e sen citar aos autores e fontes”.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- Phone
- 881812010
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h
Monday | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula D08 Facultade Filoloxía |